LETRAS GALEGAS 2024 - ADICADO A LUISA VILLALTA

                   
          
       

 

  Este ano o día das Letras Galegas

está adicado a

       
                 
      Luísa Villalta Gómez naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957, na rúa Vila de Laxe.

Despois de pasar polas aulas do colexio das Xosefinas e do Instituto Nacional Feminino, actual IES Eusebio da Guarda, acadou a licenciatura de Filoloxía Hispánica, na Subsección de Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como profesora de Lingua e Literatura Galega nos institutos coruñeses Xosé Neira Vilas, de Perillo-Oleiros, Canido-Ferrol e Isaac Díaz Pardo, de Sada.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio... e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida.

Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.

Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos, e foi soterrada no cemiterio de Santo Amaro.

       
                   
     RECURSOS "LUÍSA VILLALTA"  
                 
        Biografía, unidades didácticas, actividades plásticas e interactivas, fotografías... con recursos on line e fotocopiables.

       
                 
       

MÁIS RECURSOS E INFORMACIÓN NAS SEGUINTES LIGAZÓNS

 

 

                 

       
                   

Powered by Drupal - Design by artinet