![]() |
||||||
O Apalpador vive na memoria dos habitantes máis ancianos de O Caurel e Os Ancares, na montaña luguesa. Os máis vellos do lugar lémbrano polo que os seus maiores lles contaron, e descríbeno como un vello apacible, barbado e grandón, que fuma en pipa, leva pucho e viste chambra colorida e pantalóns con remendos. Contan tamén que a noite do 25 ou do 30 de decembro, este xigante bonachón e de oficio carboeiro, abandoaba as altas montañas nas que vivía e baixaba ás aldeas para entrar sen facer ruido nos cuartos dos máis pequenos. Despois de palparlles a barriguiña con moito coidado (de ahí o nome de Apalpador) e comprobar que estaban ben alimentados, desexáballes o que o vindeiro ano non pasaran fame e como agasallo de Nadal deixáballes unha boa presa de castañas asadas. O Apalpador era home sabio e non ignoraba que naqueles tempos (XIX e principios dos XX) a castaña en Galicia era un alimento moi prezado. A lenda do Apalpador resulta entrañable porque nos transporta á Galicia dos nosos avós, onde aflora o realismo máxico dunha terra rica en tradicións e lendas que foron fonte de inspiración para os contos de Fole, Dieste ou Cunqueiro. Pero tamén a unha época de aislamento, privación e miseria. O feito de que o Apalpador palpase as barrigas para comprobar se os nenos estaban ben alimentados fai pensar na escaseza de comida e nas duras condicións de vida. Pero non deixa de resultar conmovedora esa emoción que despertaba nos nenos e nenas o agasallo dunha simple presa de castañas, o valor que para eles tiña algo tan esencial como a comida. Por desgracia segue habendo moitos lugares onde os nenos recibirían a figura dun Apalpador con tanta ilusión coma aqueles outros que hai tantos anos habitaron as terras da montaña lucense. PARA TODOS E TODAS BO NADAL E UN ANINOVO CHEO DE CASTAÑAS |
||||||
|
||||||
|
||||||
CONTOS SOBRE O APALPADOR | ||||||
"ANTÓN E O APALPADOR" E "O APALPADOR" Preme nas imaxes para ler os contos. O APALPADOR EN PICTOGRAMAS Apalpador from cucacambados
|
||||||
MÁIS RECURSOS | ||||||
Tamén podedes disfrutar dos contos do Apalpador nestes videos
|
||||||
Unha carta moi especial from Ronsel de Ideas on Vimeo. |
||||||
PROCURA DO TESOURO SOBRE O APALPADOR | ||||||
Grazas á aportación das diferentes fontes que grazas a elas foi posible a recompilación de todos os recursos anteriores |
||||||
Máis recursos sobre o Apalpador premendo nas seguintes imaxes
|
||||||
O APALPADOR VEN TODOS OS ANOS AO NOSO CENTRO A APALPARLLE A BARRIGUIÑA ÁS NENAS E NENOS DO NOSO COLE | ||||||
Mirade as imaxes |
||||||