O PROXECTO E-DIXGAL NO CEIP ISAAC PERAL | ||
COMEZAMOS UN NOVO CURSO CO PROXECTO E-DIXGAL No curso 2014 - 2015 iniciamos, de forma experimental, o proxecto E-Dixgal no noso centro. Agora comezamos un novo curso e, con él, a incorporación dos novos grupos de alumnos de 5º de Primaria ao proxecto. Grazas á iniciativa, nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria lévase a cabo unha completa educación dixital. |
NOVAS TIC
O PROXECTO DIXITAL NO CENTRO
NAVEGA CON RUMBO
NAVEGA CON RUMBO | ||||||||||||
![]() |
A Internet é divertida e útil. Estás seguro de que sabes navegar? . |
![]() |
||||||||||
O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo traballou co alumnado de 5º curso. |
Dentro do noso proxecto DIXGAL e como complento a súa formación, o alumnado de 5º de Primaria recibe información do uso correcto das novas tecnoloxías |
Polo uso responsable das tecnoloxías! |
||||||||||
PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL
O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN AO PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS E-DIXGAL |
|||
Esta convocatoria vai dirixida aos centros Abalar e, os colexios seleccionados disporán de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o currículo de 5º de Primaria no curso 14-15, ampliándose a outros cursos nos anos seguintes. A selección dos centros para participar neste proxecto implica, pola súa gratuidade, a exclusión expresa como beneficiario do alumnado de 5º de EP das axudas para adquisición de libros de texto xa que o alumnado non terá que mercar os libros de texto impresos. O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS este curso en 5º de Primaria, ampliándose no curso seguinte a 6º de Primaria. O alumnado disporá dos seus libros en formato dixital. O centro poñerá a disposición das familias, en préstamo, os ordenadores do alumnado (netbook) que poderán levar para as súas casas para poder acceder aos libros dixitais. |
|||
POR FIN AS AULAS ABALAR A PLENO FUNCIONAMENTO (24/02/2012)
O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A UTILIZACIÓN DOS ULTRAPORTÁTILES DAS AULAS ABALAR |
||
Lembramos que este curso o noso centro incorporouse á Rede Abalar e por iso as aulas de 5º de primaria foron dotadas de pizarra dixital, canon, ordenador do profesor e ultraportátiles do alumnado. No curso próximo esa dotación incorporarase ás aulas de 6º de primaria. |
||
FORMACIÓN ABALAR (10/11/2011)
AS FAMILIAS E O PROFESORADO RECIBEN FORMACIÓN SOBRE O ESPAZO ABALAR | ||
Pódese acceder ao Espazo Abalar premendo na seguinte imaxe: ou no menú horizontal situado na parte superior desta web |
||
OS PERIGOS DA INTERNET (4/11/2011)
O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA COMEZA A SÚA FORMACIÓN DAS TIC | ||
Esta formación foi financiada pola Consellería de Educación e levada a cabo polo Colexio Profesional de Enxeñaría de Galicia (CPEIG) formando parte do PLAN NAVEGA CON RUMBO. Premendo na imaxe atopamos máis información sobre o Plan Navega con Rumbo con documentos informativos para as familias e para o alumnado e acceso a actividades interactivas. |
||
REDE ABALAR (2/8/2011)
![]() |
||
|
Despedimos esta boa nova cun pouco de humor...
|
|