PROXECTO E-DIXGAL

     
  O PROXECTO E-DIXGAL NO CEIP ISAAC PERAL  
 

COMEZAMOS UN NOVO CURSO CO PROXECTO E-DIXGAL

No curso 2014 - 2015 iniciamos, de forma experimental, o proxecto E-Dixgal no noso centro. Agora comezamos un novo curso e, con él, a incorporación dos novos grupos de alumnos de 5º de Primaria ao proxecto. Grazas á iniciativa nas aulas de 5º e 6º de Educación Primaria lévase a cabo unha completa educación dixital.

         

O alumando, profesorado e familias participantes nesta iniciativa dispoñen dunha serie de elementos, que lles permiten desenvolver un ensino dixital: aulas dixitais, equipamento de alumnado e profesorado de uso persoal, un entorno virtual de aprendizaxe, variedade de contidos dixitais, programas de formación, ferramentas de intercomunicación e colaboración.

Nos centros educativos, o alumnado e o profesorado traballa nas AULAS DIXITAIS. Son aulas que dispoñen dun encerado dixital interactivo, dun proxector, dun equipo para o profesor, e dun equipo para cada alumno. Ademaís as aulas contan con conexión WIFI para que o alumnado e profesorado poda accesos aos contidos dixitais e seguir a actividade educativa na aula desde o seu equipo.

O profesorado e alumnado desenvolven a súa actividade educativa diaria nun ENTORNO VIRTUAL DE APRENDIZAXE (EVA) que lles vai permitir acceder a contidos dixitais.

Este curso contamos cun novo entorno on-line EVA Edixgal que agora preséntase cun deseño totalmente renovado, pensado para ofrecer unha mellor experiencia de usuario e un acceso máis fácil e rápido a todos os menús e funcionalidades da plataforma.
 

Powered by Drupal - Design by artinet