BENVIDOS AO NOSO CENTRO

                     
 

 
                     
             
   

 

 

   
   

 

 

    

   
     

 FOTOS

     
             
   

  

  

   
         

2023 - Visita 1º ciclo Educación Primaria ao Castelo de San Felipe

         
       
         
         
         
   

 O pasado luns 5 de maio, os nenos e nenas de 1º e 2º visitamos o Castelo de San Felipe. Fomos recibidos pola augadora Dorinda e polo soldado Piñeiro, este dous personaxes pedíronnos axuda para atopar un tesouro que estaba agochado no castelo. Pasámolo moi ben, pois Dorinda e Piñeiro contáronnos unha chea de contidos culturais moi interesantes.

Premede na imaxe de abaixo, para poder ver toda a visita.

   
         
         

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

         
  FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR  
   

Na ORDE do 10 de maio de 2023 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2023/24.

BENEFICIARIAS

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.

 

 

PRESENTACION DAS SOLICITUDES

 

PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2023.  

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS

As listas provisionais publicaranse o día  5 de xullo no taboleiro do centro.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS

O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 6 e 7 de xullo.

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS

As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 11 de xullo.


RECOLLIDA DOS VALES

As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar nas seguintes datas segundo os cursos no ano 23-24:


1º e 2º Primaria: mércores día 12 de xullo de 10:30 a 13 h.
3º e 4º Primaria: xoves 13 de xullo de 10:30 a 13 h.
5º e 6º Primaria: venres 14 de xullo de 10:30 a 13 h.


Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases

 

   
   
   
   
   

2023 - Letras Galegas

     
   
     
     
 

 

 

 
     
     

4- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23 - 24: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS.

     
  LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2023 - 2024
 
 

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, as LISTAXES DEFINITIVAS serán publicadas o 15 DE MAIO.

O día 15 de MAIO publícanse no taboleiro de anuncios do noso centro.

Todas as solicitudes de praza foron admitidas agás as de 6º de E. Primaria

As resolucións definitivas poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación:

Prazo da presentación do Recurso de Alzada: do 16 de maio ao 16 de xuño.

 

2023 - Visita de Antón Cortizas

                       
                       
                       

 

Os nenos e nenas de 5º e de 6º de Primaria non puidemos ter mellor agasallo,

na semana do Día do libro, que a visita do padriño da nosa biblioteca:

o escritor

  

para realizar un

TALLER DE ADIVIÑAS 

Preme na icona da esquerda para saber máis

                 
   

LETRAS GALEGAS 2023

 
 
   

         
   

Este ano o día das Letras Galegas

está adicado a

     

   

Información, recursos, actividades....

Premer na imaxe para acceder

2023 - XXIII Certame de poesía e imaxe

     
     
     
 

 Outro ano máis, alumnos e alumnas do Isaac Peral participan no XXIII Certame de Poesía e Imaxe

convocado pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra. 

Preme na imaxe para saber máis

 

 

 
     

2023 - Os maios

 
 

Un ano máis celebramos a chegada da primavera coa festa dos maios.

Prema na imaxe 

 

3- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23 - 24: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

     
  LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2023- 2024
 
 

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, as listaxes provisionais serán publicadas o 25 de abril.

O día 25 de abril serán publicadas no taboleiro de anuncios do noso centro.

Todas as solicitudes de praza foron admitidas agás as de 6º de E. Primaria

Ante estas listaxes provisionais, poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Prazo de reclamación: 26 de abril ao 3 de maio

 

2023 - Día do libro

 
 

2023 - Lecturas compartidas

 
 

2023 - Propostas lectoras 8 de marzo

 
Desde o equipo de dinamización da biblioteca fixemos unha selección diversa para conmemorar o Día da Muller por medio da lectura. Agardamos que gocedes con elas! 
 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

         
       
         
   

   
         
       
         

2023 - Entroido

 
             
           
             
     

Preme na imaxe para ver cómo celebramos o entroido no cole.

     
             

2023 - Visita familias

             
             
     

Os pasados 23 e 24 de xaneiro os alumnos e alumnas de 1º tivemos a visita de dúas nais que viñeron falar dalgúns  aspectos do corpo humano.O día 23 veu Tamara que é enfermeira de profesión e o día 30 veu Rosa que é médico otorrinonaringóloga.

Preme na imaxe para saber máis.

     
           
             

Rosalía de Castro: Recursos

           
         
   

Rosalía de Castro é unha das máis famosas escritoras da literatura galega e castelá. No día de Rosalía conmemórase a data do seu nacemento, un 23 de febreiro de 1837.

Preme na imaxe para acceder aos recursos

   

2023 - Día da Paz

             
           
             
     

Este ano celebramos o día da Paz sementando árbores de corazóns e compartindo mensaxes cheíñas de amor cos nosos compañeiros e compañeiras.

Os   e as foron o noso lenzo para festexar este día tan especial.

    

Preme na imaxe para acceder ao álbum de fotos.

 

     
             

2023 - Mochilas viaxeiras

    

RESERVA DE PRAZA NO IES SATURNINO MONTOJO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

     
  RESERVA DE PRAZA PARA O IES SATURNINO MONTOJO  
 

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Isaac Peral que durante o curso 2023/2024 desexe cursar 1º da ESO no IES SATURNINO MONTOJO, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro  entregando a solicitude na secretaría DO NOSO CENTRO ou presentar na sede electrónica.

SOLICITUDE

Tamén se pode facer a través da aplicación de admisión do alumnado:

  Máis información

 

Nadal 2022

             
                    
             
     

 

 

Preme na imaxe para saber máis

     
             

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022 - CALENDARIO

     
 

CEIP ISAAC PERAL

 
 
 
     
     

25 N - DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

             
                
             
     

 Hoxe a comunidade educativa do noso centro fixemos 1 minuto de silencio con motivo da conmemoración do 25N- Día internacional da eliminación da violencia contra a muller 

No CEIP Isaac Peral dicimos NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO. 

 Preme na imaxe para acceder á galería de fotos

     
             

ORGANIGRAMA CURSO ACADÉMICO 2022 - 2023

 
             
           
             
     

Xa foi publicado na páxina web o organigrama do curso actual, 22-23

Preme na imaxe para acceder 

     
             

22/23 Seccións bilingües

 
                                

2022 - Magosto

             
             
             
     

Mira como decoramos o noso cole para celebrar o MAGOSTO E SAMAÍN!!!

Abre a porta e verás!!! 

 

     
             

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

         
"LA VUELTA AL COLE" CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL  

O próximo 28 de outubro imos a organizar, en colaboración coa nosa ANPA e a policía local de Ferrol, unha carreira solidaria escolar con todo o alumnado para concienciar e recaudar fondos para lograr a cura da leucemia infantil. Terá lugar, aproximadamente das 10 ás 12 horas na Avenida de Mac Mahón ou se o tempo non o permite, no pavillón do colexio. As familias que o desexen tamén están invitadas a participar.

Máis información premendo na imaxe....

   

RECURSOS MAGOSTO

               
               
     

 O     M A G O S T O

   
     

 Premendo na castaña accédese á páxina do magosto con información xeral, actividades, vídeos....

   
           
                 

Powered by Drupal - Design by artinet