Admisión alumnado 23-24

ADMISIÓN DO ALUMNADO: SITUACIÓN DO CENTRO E ZONA DE INFLUENCIA

   PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 23 -24 : DO 1 AO 20 DE MARZO
  CEIP ISAAC PERAL  
 

CEIP ISAAC PERAL

AVDA. MAC MAHÓN S/N

15 403 Ferrol

Tfno 881 93 02 10/18

Depto. de Orientación 881 93 02 13

e-mail: ceip.isaac.peral@edu.xunta.es

 

 
  MAPA DA ZONA DE INFLUENCIA DO CENTRO  
   

 
       
       

ADMISIÓN DO ALUMNADO: INFORMACIÓN XERAL

     
 

INFORMACIÓN XERAL

                    

 
   
  ALUMNADO XA MATRICULADO NO NOSO CENTRO
 

1- Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de praza cara o vindeiro curso escolar, estarán matriculados automáticamente.

2- O alumnado de 6º de Primaria deberá de confirmar a súa reserva de praza para o instituto adscrito o IES Saturnino Montojo cubrindo o anexo I e entregándoo a través da aplicación de admisión de alumnado ou na secretaría do centro (previa petición de cita)  do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

Anexo I: Reserva de praza no IES adscrito

Castelán                         Galego

 

 
  ALUMNADO QUE QUEIRA TRASLADARSE DO NOSO CENTRO A OUTRO  
 

1) Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

2) Presentar a solicitude de admisión xunto co Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

3) Entregar no centro onde desexe causar baixa unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.

 
  PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN
 
 

- Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, establécese os seguintes  PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN de alumnado:

  • Reserva de praza para o IES adscrito: do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro
  • Data do sorteo públlico para efectos de desempate: última semana de febreiro, sempre antes do 1 de marzo.
  • Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
  • Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación da documentación acreditativa do baremo: 10 días hábiles contados a partir do seguinte día ao remate do prazo de solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais: 25 de abril
  • Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio
  • Formalización de matrícula en Infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
 
  - Tal como establece a ORDE do 21 de outubro de 2022, a solicitude de admisión de alumnado de novo ingreso pode efectuarse   
  - Os criterios para a baremación e posterior adxudicación de vacantes no noso centro, non inclúen a admisión preferente dos descendentes do persoal militar.  
 
 
     
  IMPORTANTE  
 

1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE

A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. Presentarase no primero centro solicitado.

O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia.

2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:

Presentación da solicitude fóra de prazo

Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.

Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.

3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

 

 

     

LEXISLACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

     
  LEXISLACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO
 
 


- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro: Admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 11/02/22)

- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado (DOG 08/11/22)

 

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

- Resolución do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates de puntuación.

Máis información na páxina da Consellería de Educación

 
     

4- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23 - 24: PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS.

     
  LISTAXES DEFINITIVAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2023 - 2024
 
 

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, as LISTAXES DEFINITIVAS serán publicadas o 15 DE MAIO.

O día 15 de MAIO publícanse no taboleiro de anuncios do noso centro.

Todas as solicitudes de praza foron admitidas agás as de 6º de E. Primaria

As resolucións definitivas poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a Xefatura Territorial no prazo de un mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación:

Prazo da presentación do Recurso de Alzada: do 16 de maio ao 16 de xuño.

 

3- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23 - 24: PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

     
  LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2023- 2024
 
 

Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, as listaxes provisionais serán publicadas o 25 de abril.

O día 25 de abril serán publicadas no taboleiro de anuncios do noso centro.

Todas as solicitudes de praza foron admitidas agás as de 6º de E. Primaria

Ante estas listaxes provisionais, poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

Prazo de reclamación: 26 de abril ao 3 de maio

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

         
       
         
   

   
         
       
         

RESERVA DE PRAZA NO IES SATURNINO MONTOJO PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

     
  RESERVA DE PRAZA PARA O IES SATURNINO MONTOJO  
 

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Isaac Peral que durante o curso 2023/2024 desexe cursar 1º da ESO no IES SATURNINO MONTOJO, centro ao que estamos adscritos, deberá efectuar a reserva de praza entre o 16 de xaneiro e o 6 de febreiro  entregando a solicitude na secretaría DO NOSO CENTRO ou presentar na sede electrónica.

SOLICITUDE

Tamén se pode facer a través da aplicación de admisión do alumnado:

  Máis información

 

COMEZA O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NO CENTRO

           
  SOLICITUDE DE PRAZA NO CEIP ISAAC PERAL 23- 24
 
   

Comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado de

NOVO INGRESO. Será do 1 ao 20 de MARZO.

Premendo na imaxe esquerda accédese á información sobre o proceso de admisión.

Na imaxe dereita accédese á información das vacantes para o curso 2023/24.

   
   

1 - ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 22 - 23: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

     
  PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO  
 

 Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, o prazo de presentación de solicitudes de admisión sería do 1 ao 20 de marzo.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1 AO 20 DE MARZO

Pode realizarse de dúas maneiras:

1 -  NA SECRETARÍA DO CENTRO: Previa solicitude de cita

Presentar o  Anexo II   na Secretaría do noso centro, xunto coa fotocopia do DNI ou libro de familia

DOCUMENTACIÓN 

2 -  ON LINE, A TRAVÉS DA APLICACIÓN INFORMÁTICA: Presentar a solicitude a través da aplicación informática: "admisión de alumnado"

A través da aplicación informática

 

2- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23 - 24: PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

     
  PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO
 
 

No caso de que o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

Prazo das solicitudes de admisión: 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentacion da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 21  de marzo ao 3 de abril.

Criterios de baremo e documentación acreditativa  

 

5- ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 23 - 24: FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

     
  FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO PARA O CURSO 2023 - 2024
 
 

Despois de publicadas as listaxes definitivas, deberá realizarse a formalización da matrícula do alumnado admitido para o curso 2023- 2024 no seguinte prazo:

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño

 

  DOCUMENTACIÓN  
 

 DOCUMENTACION A PRESENTAR

 

Powered by Drupal - Design by artinet