ADMISIÓN DO ALUMNADO: INFORMACIÓN XERAL

     
 

                    

 
   
  ALUMNADO XA MATRICULADO NO NOSO CENTRO
 

1- Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de praza cara o vindeiro curso escolar, estarán matriculados automáticamente.

2- O alumnado de 6º de Primaria deberá de confirmar a súa reserva de praza para o instituto adscrito o IES Saturnino Montojo cubrindo o anexo I e entregándoo a través da aplicación de admisión de alumnado ou na secretaría do centro (previa petición de cita)  do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro.

Anexo I: Reserva de praza no IES adscrito

Castelán                         Galego

 

 
  ALUMNADO QUE QUEIRA TRASLADARSE DO NOSO CENTRO A OUTRO  
 

1) Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

2) Presentar a solicitude de admisión xunto co Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

3) Entregar no centro onde desexe causar baixa unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.

 
  PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN
 
 

- Segundo a ORDE do 21 de outubro de 2022, establécese os seguintes  PRAZOS NO PROCESO DE ADMISIÓN de alumnado:

  • Reserva de praza para o IES adscrito: do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro
  • Data do sorteo públlico para efectos de desempate: última semana de febreiro, sempre antes do 1 de marzo.
  • Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.
  • Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación da documentación acreditativa do baremo: 10 días hábiles contados a partir do seguinte día ao remate do prazo de solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais: 25 de abril
  • Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio
  • Formalización de matrícula en Infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
 
  - Tal como establece a ORDE do 21 de outubro de 2022, a solicitude de admisión de alumnado de novo ingreso pode efectuarse   
  - Os criterios para a baremación e posterior adxudicación de vacantes no noso centro, non inclúen a admisión preferente dos descendentes do persoal militar.  
 
 
     
  IMPORTANTE  
 

1. UNHA ÚNICA SOLICITUDE

A solicitude de posto escolar será única para unha mesma ensinanza e poderá recoller varios centros por orde de preferencia. Presentarase no primero centro solicitado.

O alumnado que non resulte admitido no primeiro centro elixido será baremado nos seguintes centros en que existan vacantes, seguindo a súa orde de preferencia.

2. PERDA DOS DEREITOS DE PRIORIDADE:

Presentación da solicitude fóra de prazo

Presentación de máis dunha solicitude en centros distintos.

Acreditar ou presentar datos que non se axusten á realidade.

3. COMUNICACIÓN AO CENTRO DE ORIXE:

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

4. COMUNICACIÓN DA RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA: O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión. 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet