PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 14-15 |
|||||
|
|||||
RECUPERAMOS TRADICIÓNS | |||||
CELEBRACIÓNS E CONMEMORACIÓNS | |||||
VISITA DE AUTORES | |||||
|
|
|
|||
OUTRAS ACTIVIDADES DINAMIZADORAS | |||||
|
|||||
PUBLICACIÓNS E NOVAS | |||||
Revista escolar MAREIRIÑA |
|||||
MEMORIA DO PROXECTO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 14 - 15 | |||||
Memoria do Proxecto de fomento do uso da lingua galega 14 - 15 |
|||||
Curso 14 - 15
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DA LINGUA GALEGA 2014-15
NOVAS CURSO 2014-2015
DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA CURSO 14 -15
DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 2015
|
||||||
Se nos invitaran a pensar nun mes especialmente relacionado coa lectura e cos libros, ben seguro que diríamos : ABRIL. Porque ano tras ano, a historia do libro faise festiva cada 23 de abril, celebración que se remonta en España a 1926. E dende 1995, o día do libro convértese nunha FESTA MUNDIAL. |
||||||
A elección desta data débese a que un 23 de abril de 1616 faleceron dous eminentes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Queres saber algo das súas vidas en plan cómic? |
||||||
|
||||||
O obxectivo principal desta celebración das "LETRAS" é: "alentar a descubrir o placer da lectura". -UNESCO-. No noso colexio, tentamos de seguir o consello ao pé da letra. E así, durante todo o mes fixemos actividades tales como: |
||||||
No "tempo de ler", o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron ler contos aos nenos e nenas de Infantil. Saíron con eles ao patio, buscaron un lugar xeitoso, e sentados en grupiños de dous ou tres nenos e nenas por lector ou lectora, contáronlles o conto elexido. Os alumnos e alumnas de 4º utilizaron o teatrillo Kamisibai para ler o conto "O GATO SOL" para os compañeiros e compañeiras de 3º. |
||||||
Clic na imaxe central para ver todas as fotos desta actividade. |
||||||
Para non esquecer ao autor de tan recoñecida obra, propuxemos un sinxelo xogo de investigación sobre o Quixote. |
||||||
Fai clic sobre as miniaturas se queres ler de novo de que trataba. |
||||||
Non hai festa que se precie que non teña a súa música. Para esta, eleximos a canción "NUN LIBRO", da obra de Paco Nogueiras titulada "Brinca vai". Ler..., memorizar..., cantar... |
||||||
Fai clic para ler. A música ... para o día 23! |
||||||
A idea foi darlles unha imaxe relacionada co Quixote, e as nenas e nenos crearon arredor unha paisaxe relacionada coa obra de Cervantes.
|
||||||
|
||||||
Con todas fixemos murais e adornamos os corredores. | ||||||
No reloxo soaron as 13 horas. Saída ao patio armados cal "quixotes" con cuartilla, lapis e cores. . Primeiro homenaxeamos ao LIBRO coa canción de Paco Nogueiras: "Nun libro".
. Seguidamente, distribuídos polo patio, escribiron e ilustraron un lema sobre a importancia da lectura. Con eles adornamos as paredes do patio: ver e ler!
E nesas andábamos cando nos deron as dúas da tarde. |
||||||
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO DÍA DO LIBRO |
||||||
DÍA NACIONAL DA FIBROSIS QUÍSTICA
![]() |
|||||||
![]() |
|||||||
![]() |
|||||||
|
Hoxe, día 22 de abril é o día da FIBROSE QUÍSTICA. Esta enfermidade, incluída nas chamadas enfermidades raras, precisa un apoio especial dende a nosa páxina. Queremos axudar a que aqueles nenas e nenos que a padecen podan recibir esta herdanza xenética nas millores condicións.
Nos solidarizamos coas familias que están buscando os tratamentos axeitados para os seus fillos e fillas.
Soplamos as nosas pompas de xabón, como eles fan para mellorar a súa capacidade pulmonar.
Nós o facemos para visibilizar a enfermidade.
|
||||||
VISITA DE XOSÉ VIZOSO - ABRIL 2015
|
||||||
|
||||||
Xosé Vizoso creou decenas de pezas de cerámica, deseñou centos de libros e ilustrou moitos deles. Unha mostra da súa arte e da súa tenrura cos nenos pode verse nas ilustracións do libro CANTOS DE SOL A SOL de X. Neira Vilas, e noutros do mesmo autor. |
||||||
![]() ![]() ![]() |
||||||
Dentro dos seus traballos artísticos destacan os CARTEIS. Máis dun centenar de carteis para festas, feiras, congresos... |
||||||
|
||||||
"Non son carteis para ver dun saque e seguir, senón pezas artísticas para contemplar con lecer". -Neira Vilas- | ||||||
![]() ![]() ![]() |
||||||
Xosé Vizoso di dos seus traballos: "Creo que o que máis me gusta é converter unha obra nun puzzle..., e facer que a xente teña que mirala con atención para entendela e descobrir cousas novas cada vez que a ve". |
||||||
|
||||||
Figuras deseñadas por Xosé Vizoso en conmemoración do 400 aniversario da publicación do Quixote, e interpretadas en cerámica de Sargadelos. | ||||||
![]() |
||||||
22 de abril: fíxose realidade a visita tan esperada de Xosé Vizoso. Chegou cargado de ideas e de materiais. Esperábano na biblioteca os nenos e nenas de 5º curso. |
||||||
E alí foron vendo como o lenzo foi perdendo a súa cor blanca para gañar as cores que xurdían das mans e maestría de Xosé Vizoso. | ||||||
Pincelada a pincelada foi aparecendo o resultado final. | ||||||
![]() ![]() |
||||||
Antes de despedirse, intercambio de agasallos; galanos, como a el lle gusta dicir. |
||||||
|
||||||
CLIC NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTOS DESTA ACTIVIDADE |
||||||
XV CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA DE POESÍA E IMAXE
![]() |
||||||
Para Alicia González Bedoya, Ainhoa López Cordero, Ariadna López Cortizo e Elena Yáñez de Pazos. | ||||||
|
||||||
Estas alumnas de sexto resultaron gañadoras no XV Certame de Creación Artística de Poesía e Imaxe, en galego sen filtro, organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística en colaboración co concello de Ferrol. Participaron cunha composición plástica da poesía correspondente a lingua galega. | ||||||
No vento que lixeiros, os veleiros. |
||||||
Xulio L. Valcarce. | ||||||
Velaí o fermoso resultado. | ||||||
|
||||||
O vindeiro 29 de abril, as 19:30 horas, haberá un acto de entrega de premios no Centro Cultural Carvallo Calero. | ||||||
Estades todos convidados!!! | ||||||
Letras Galegas 2015
JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO: MARCOPOLA
GONZALO MOURE: ENCONTRO LITERARIO
VISITA DE ANA ALONSO
ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: ESCRITOR
UN EX-ALUMNO DO COLEXIO CAMPIÓN DE ESPAÑA
TOMÁS MANSO UN ORGULLO PARA O ISAAC PERAL | ||||||
![]() Tomás Manso Fraga, un antigo alumno deste colexio, quedou campión de España infantil de 200m mariposa e o segundo en 100m. Dende este centro, no que cursou a Educación Infantil e a Educación Primaria, queremos facerlle chegar as nosas felicitacións e os nosos desexos de que continúen os seus merecidos éxitos, que constitúen tamén unha satisfacción para toda a comunidade educativa. PARABÉNS CAMPIÓN!!!!!!!!!!!! |
||||||
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2015
![]() ![]() ![]() |
|||||
![]() |
O 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro, o colexio, un ano máis conmemorou o seu aniversario. Este ano ofrecémoslle "flores", que os nenos e nenas compuxeron con diferentes papeis(agasallos, charol, folios de cores, cartolinas, papel pinocho...). De entre todas as flores elixiuse unha por aula para expor na entrada do cole. |
||||
![]() |
Velaí que fermosas ficaron! Coas demais "axardiñamos" os nosos corredores. Flores para ROSALÍA - EU SON ROSALÍA PORQUE.... |
![]() |
|||
![]() |
Ademais, cantamos "Adiós ríos, adíos fontes..." e ata houbo alguén que se atreveu a cantala a ritmo de rap.
Parabéns para Antón Pena Landeira de 6º B e as súas acompañantes! |
![]() |
|||
![]() |
|
![]() |
|||
Premendo nas flores accédese a todas as imaxes do acto |
ENTROIDO 2015
NAVEGA CON RUMBO
NAVEGA CON RUMBO | ||||||||||||
![]() |
A Internet é divertida e útil. Estás seguro de que sabes navegar? . |
![]() |
||||||||||
O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo traballou co alumnado de 5º curso. |
Dentro do noso proxecto DIXGAL e como complento a súa formación, o alumnado de 5º de Primaria recibe información do uso correcto das novas tecnoloxías |
Polo uso responsable das tecnoloxías! |
||||||||||
DÍA DA PAZ 2015
CALENDARIO DE PETO 2015
![]() |
![]() |
||||||
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA: CALENDARIO DE PETO | |||||||
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso de debuxo alusivo ao fomento do uso do galego. Participou todo o colexio e fíxose unha selección dos debuxos máis orixinais e creativos. Resultaron finalistas estes debuxos: | |||||||
|
|||||||
ESTE FOI O GAÑADOR |
VISITA DO ESCRITOR XELÍS DE TORO
![]() ![]() ![]() |
|||
Xoves, 18 de decembro: o alumnado de 4º de primaria recibiu a visita de XELÍS DE TORO.
|
|||
Xelís viaxou dende Londres, onde vive actualmente, para vir a falarnos dun dos seus libros, que as nenas e nenos estiveron lendo no primeiro trimestre: |
|||
|
|||
O autor foi debullando a historia deste gato a medida que o debuxaba como fixera Rolo, o rapaz protagonista, que suxestionado polos acontecementos de certo día, debuxa un gato que cobra vida e que só os demais poden ver. Tamén Xelís vai poñéndolle ou quitándolle unllas, cairos, estrelas... | |||
|
|||
Ao final da historia, un pequeno coloquio. Os nenos, con cousas de nenos: "por que un gato?". Contestoulles que "é un dos seus Xelís fíxolles preguntas para coñecer a súa impresión sobre a obra. Axudados polo autor, concluiron que é importante cultivar a amizade; cos amigos podemos resolver situacións que a un só lle resultarían difíciles; importante tamén ser sinceros e falar para aclarar dúbidas ou malentendidos. "Do poder da imaxinación, a necesidade de aceptación social, e mesmo a capacidade que teñen os soños para transformar o mundo..." Ben axudados, canta madurez!
|
|||
O escritor foi asinando todos os libros cun debuxo da cara dun gato. | |||
|
|||
![]() |
|||
DESPEDIUSE CANTÁNDONOS UN RAP... |
|||
|
|||
MANUEL RIVAS: ENCONTRO LITERARIO
NADAL 2014
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
||||||||||
|
||||||||||
|
||||||||||
Alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º dedicáronnos unhas panxoliñas ensaiadas durante varias semanas coa súa profe de música Marián Aquí están os nosos pequenos artistas...
|
||||||||||
LIBROS PARA NADAL | ||||||||||
Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca | ||||||||||
Premendo na imaxe poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca ![]() |
||||||||||
|
GUÍA DE LECTURA NADAL 2014 |
|
||||||||
Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca |
||||||||||
![]() |
|
![]() |
||||||||
ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO |
||||||||||
Todos os anos o noso alumnado elabora as postais de Nadal para felicitar ás familias. Aquí tedes unha pequena mostra os nosos traballos |
||||||||||
|
![]() ![]() ![]() ![]() |
|||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
||||||||||
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
||||||||||
Pois ben, este ano tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes. |
||||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
||||||||||
XA VEÑEN OS REIS.... |
||||||||||
"A VISITA DOS REIS MAGOS" Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes!
Premendo na imaxe accédese ás fotos onde se poden descargar |
||||||||||
Estaremos de vacacións dende o luns 22 de decembro ata o mércores 7 de xaneiro ámbolos dous inclusive. As clases comezarán o XOVES 8 de xaneiro no horario habitual |
||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
||||||||||
|
|
APALPADOR 2014
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
||||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
||||||||||
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
||||||||||
Pois ben, este ano, o luns día 15 de decembro, tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes. |
||||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
||||||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
||||||||||
|
POESÍA NO ISAAC PERAL
|
||
Os mércores poéticos dan o seu froito. Unha experiencia inesquecible en 5º: DESCUBRIMOS UN GRAN POETA |
||
Contactamos co autor da nosa poesía preferida "A brétema" de |
||
Enviámoslle as nosas opinións acerca do seu libro: "UN NIÑO NO XARDÍN", e vaia alegría!; -un caligrama extraordinario, -un orixinal poema para a biblioteca, e -un libro cunha fermosa dedicatoria. |
||
Que mellor animación á lectura! |
||
Nesta breve presentación pódese ler o caligrama e o poema |
||
Presentacion2 from colexio
|
||
O AUTOR FALA DE SI -Fai clic para saber o que di- |
||
![]() |
|
O ALUMNADO DE 2º VAI DE VISITA AO "BOSQUE VERDE"
OS SEGUNDOS NO PARQUE FERROL!!! | ||
Ao aterrar no Bosque Verde do Parque Ferrol entramos nunha animada e divertida sala, onde esvaramos por un tobogán, que nos empurraba a unha grande alfombra ateigada de bólas de cores. Ademais xogamos ao fútbol, disfrazámonos de personaxes de conto e de heroes e conducimos impoñentes coches de carreiras. Ao final da visita repoñemos forzas cun doce refrixerio. Pero ahí non rematou todo, pois O Bosque Verde agasallounos cunhas lambetadas de Samaín, ás que nos foi moi difícil resistir á tentación de abrilas antes de chegar ao colexio.
Pero mellor mirade as imaxes
|
||
MOCHILAS VIAXEIRAS - 2014
EXCURSIÓN DE 6º Á CAPELA
UN DÍA MOI INTERESANTE: APRENDIMOS, XOGAMOS...PASÁMOLO MOI BEN! | |
Como eran as casas no rural, toda sorte de aparellos e utensilios que se empregaban na vida diaria, e mesmo oficios propios de épocas pasadas, algúns case desaparecidos na actualidade. Comprobamos que se podía vivir ou sobrevivir, fabricando case todo nas propias casas ou recurrindo a persoas que desempeñaban eses oficios, tamén nas propias casas. A continuación fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro, nas Neves, para celebrar un pequeno encontro cos alumnos de 6º deste centro e realizar unha xornada de xogos populares e tradicionais. Alternamos, en grupos de oito, unha serie de xogos: andamos cos zancos, fixemos carreiras cos sacos, baliamos buxainas, saltamos ás lombas, xogamos á Porca, que ven sendo como unha variante do "hockey" e saímos un pouco enlamados..
Foi unha experiencia moi gratificante (algúns xa participaramos no VIII encontro de Xogos Populares, organizado por Brinquedia en Xermade) e ademais de pasalo ben vivimos en nós mesmos os xogos aos que os nosos pais, e sobre todo os nosos avós, xogaban na súa infancia. |
|
O CONTO VIAXEIRO
O NOSO ALUMNADO DE 6º PARTICIPA, XUNTO CON OUTROS CENTROS, NA ELABORACIÓN DUN CONTO VIAXEIRO | ||||
O conto iniciouse o 15 de outubro no CEIP Recimil e durante máis de dous meses irá "viaxando" polo cole de Esteiro, Isaac Peral, Cruceiro de Canido e Terra de Ferrol, facendo os nosos nenos e nenas a súa pequena aportación a este gran proxecto. Pero...queredes saber como vai a historia?
No noso centro participou o alumnado de 6º
O CONTO VIAXEIRO CHEGA AO SEU FIN
Esperamos que sigades connosco o devir desta apaixoante andanza creativa, da que o máximo responsable foi o alumnado dos coles de Recimil, Esteiro, Isaac Peral, Cruceiro de Canido e Terra de Ferrol. Mais imaxes na nosa galería ou no blog do conto viaxeiro
|
||||
24 DE OUTUBRO: DÍA DA BIBLIOTECA
![]() ![]() ![]() |
||
Cada 24 de outubro, a biblioteca abre as súas portas, e agárdanos cos seus andeles cheos de libros. Ai, libriños! Xusto cando as andoriñas nos deixan sen os seus chíos estivais, chegades vós: coas vosas intrigantes historias, susurrando poemas, bisbiseando segredos...
|
||
![]() |
||
Dende 1997, cada 24 de outubro, é o teu día: DÍA DA BIBLIOTECA. Así, con maiúsculas,pois tanta cultura albergas. A proposta xurde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoida polo Ministerio de Cultura, en lembranza da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada no 1992 durante o conflicto balcánico.
|
||
O ilustador David Pintor foi o encargado de poñer imaxe ao lema desta campaña:
"Biblioteca escolar ... matemático!!!
E velaquí a súa interpretación: unha biblioteca matemática polos catro costados, chea de vida e ben ilustrativa do que este espazo educativo pode ofrecer ao noso alumnado. |
||
![]() |
||
Toda a semana fixemos actividades que nos foron achegando ao día da inauguración: | ||
![]() |
||
|
||
![]() |
||
![]() |
||
diferente para cada ciclo. Pero esta semana en tódalas aulas tocou ler o poema do "VERME SOTOMAYOR".
|
||
Fai clic se o queres ver de novo.
|
||
A primeira sorpresa foi ver alí, para animar e participar con nós, ao padriño da biblioteca: ANTÓN CORTIZAS. Empezou o acto de inauguración cunha presentación de BELEZAS DE FERROL. Canta arte nesta cidade, a pouco que abramos os ollos! |
||
Un grupiño de nenas e nenos cantaron "O LIBRO", de Tic-Tac, que di cousas que parecen sabios consellos: "Un libro está/ sempre comigo/ e así pode ser/ o meu amigo". "Hai que ter un libro/ a carón da cama/ para poder ler/ toda a semana". |
||
|
||
![]() |
||
|
||
Como colofón o "Blues do Isaac Peral". Letra e música de Fernando, que puxo orde entonando cos nenos, e acompañando coa armónica. |
||
|
||
De recordo e agasallo, un marcapáxinas moi especial: con ilustración do profesor Fernando, e texto do noso padriño: o escritor Antón Cortizas. | ||
ESTA PRESENTACIÓN GARDA UN RESUMO DA NOSA CELEBRACIÓN
|
||
PREMENDO NA IMAXE, PÓDENSE VER AS FOTOS DESTE ACTO |
||
PROGRAMA CULTURAL "O CADRO DO ESPANTALLO"
![]() ![]() |
||
O martes, 21 de outubro, os nenos e nenas de 1º de Primaria participaron no proxecto "O CADRO DO ESPANTALLO". Esta actividade fíxoa posible Fina, da asociación "TI E MÁIS EU TEATRO", que "colabora na promación de actos que signifiquen progreso e benestar para as persoas e o seu entorno". Un dos seus obxectivos é dar a coñecer e recuperar as tradicións e costumes dos nosos avós. |
||
|
||
Todos se sorprenderon cando viron chegar a Fina cargada coa súa cesta chea de ourizos, bagullos de fabas, millo... Foilles contando e recreando o magosto, a esfolla; falándolles de tradicións, de historias, de contos dos nosos avós. |
||
![]() ![]() ![]() |
||
Tamén lles puxo deberes: "Ao chegar á casa falade cos vosos maiores e que vos conten historias de espantallos, de recolleita das castañas, do millo... Porque os avós e avoas son moi sabios". Canta razón! | ||
|
||
![]() |
||
|
Ao remate, Fina foille dando a cada un varios grans de millo para plantar no xardín ou nunha maceta. Todo un símbolo de vida! Prenderán seguro. Como prenderon as explicacións de Fina no maxín do noso alumnado. |
|
![]() |
||
Premendo na imaxe pódense ver os nenos e nenas participando na actividade |
||
PROXECTO EXPERIMENTAL E-DIXGAL
O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN AO PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS E-DIXGAL |
|||
Esta convocatoria vai dirixida aos centros Abalar e, os colexios seleccionados disporán de libros e outros materiais dixitais cos que poidan desenvolver o currículo de 5º de Primaria no curso 14-15, ampliándose a outros cursos nos anos seguintes. A selección dos centros para participar neste proxecto implica, pola súa gratuidade, a exclusión expresa como beneficiario do alumnado de 5º de EP das axudas para adquisición de libros de texto xa que o alumnado non terá que mercar os libros de texto impresos. O NOSO CENTRO FOI SELECCIONADO PARA A INCORPORACIÓN NESTE PROXECTO EXPERIMENTAL DE UTILIZACIÓN DE LIBROS DIXITAIS este curso en 5º de Primaria, ampliándose no curso seguinte a 6º de Primaria. O alumnado disporá dos seus libros en formato dixital. O centro poñerá a disposición das familias, en préstamo, os ordenadores do alumnado (netbook) que poderán levar para as súas casas para poder acceder aos libros dixitais. Máis información do proxecto no portal educativo da Xunta de Galica |
|||