BASES DO XV CERTAME DE CREACIÓN ARTÍSTICA POESÍA E IMAXE
EN GALEGO, SEN FILTRO
1.- Poderá participar todo o alumnado matriculado en calquera dos centros de ensino –públicos, concertados ou privados- de Ferrol e aqueles centros que forman parte da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística (CENL).
2.- As persoas participantes deberán presentar unha composición plástica orixinal en calquera destas modalidades: debuxo, pintura, colaxe e fotografía.
3.- Para a realización da súa obra deberán escoller, como motivo de inspiración, unha (1) de entre as 15 propostas poéticas da literatura universal recollidas no anexo destas bases, o autor ou autora deberá indicar o texto seleccionado. Os centros deberán enviar os orixinais seleccionados (unha obra por nivel ), antes do xoves 9 de abril 2015.
Máis información e acceso premendo aquí.
Acceso ás poesías premendo na imaxe