ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO: ESCRITOR

 

         
             
         
   

 

Venres, 6 de marzo. O alumnado de 5º curso de Primaria participou nun encontro literario na biblioteca co escritor ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO,que atesoura no seu haber 25 anos escribindo poesía infantil.

Durante o trimestre, os alumnos leron, comentaron e ilustraron nas aulas poemas do libro "UN RATO DÍXOLLE Á LÚA": unha antoloxía poética, -a cargo de Fran Alonso-. Algo así como "a caixa dos tesouros de García Teijeiro. Dentro dela gárdase a esencia dos seus versos".

 

   
   

 

   

Clic nas imaxes para poder ler

   
     O escritor empezou dicíndolles: "Tedes a sorte de ter vida literaria". E para continuar fíxolles unha proposta poética: el lería un poema e os nenos e nenas adiviñarían a última palabra de cada verso. Cen por cento de participación e acertos!    
   

 

       

 

   
   

 Continuou cos poemas "No río bailan os peixes" e "Non lle digas nada á lúa", arrincando  aplausos totalmente espontáneos. 

   
                   
    E mesmo quedaron pensativos e absortos ao recitarlles un poema do libro "Petando nas portas de Dylan".    
   

 

   

 

   
   

Nova proposta para o segundo exercicio: pensar na palabra que máis lle gustaba a cada un. Participación asegurada!!!

Foron saíndo: aloumiño, ledicia, auga, Galicia, agarimo...

"E seredes quen de acertar a que máis me gusta a min?",  -preguntou Antonio-.

De novo foilles arrincando unha palabra a cada un, e sen repetir!, -de falar se trataba-. Mais esta vez non o lograron. De entre todas as palabras a que máis lle gusta a Antonio García Teijeiro é:  .

Deixounos sen "palabras", e tivo que explicar: 

.

   
   

E como non hai dous sen tres, a terceira proposta consistíu en que un neno e unha nena fixeran un debuxo na pizarra.

   
   

Raudos e veloces alí apareceron un morcego e un libro.

   
   

   Fai clic para ler

   
   

Con esas palabras, e a creatividade de nenos e autor, déronlle forma a un poema.

   
     E chegou o turno de preguntas.    
   

O escritor saciou a súa curiosidade, e así enteráronse de que Antonio García Teijeiro é un gran amante da música; que cando empezou a escribir poesía notou que lle faltaba a lectura, as "palabras". As cancións de PACO IBÁÑEZ axudáronlle a iniciarse na poesía. E con emoción díxolles: "Gustaríame que alguén me quixese polo que escribo, igual que eu escribo para nenos porque lles quero".

 

   
         
       por querernos  e ensinarnos o valor da poesía.    
   

 

Para ver máis fotos deste acto, premer na imaxe.

   
         

Powered by Drupal - Design by artinet