Se nos invitaran a pensar nun mes especialmente relacionado coa lectura e cos libros, ben seguro que diríamos : ABRIL. Porque ano tras ano, a historia do libro faise festiva cada 23 de abril, celebración que se remonta en España a 1926. E dende 1995, o día do libro convértese nunha FESTA MUNDIAL. |
||||||
A elección desta data débese a que un 23 de abril de 1616 faleceron dous eminentes escritores: Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Queres saber algo das súas vidas en plan cómic? |
||||||
|
||||||
O obxectivo principal desta celebración das "LETRAS" é: "alentar a descubrir o placer da lectura". -UNESCO-. No noso colexio, tentamos de seguir o consello ao pé da letra. E así, durante todo o mes fixemos actividades tales como: |
||||||
No "tempo de ler", o alumnado de 5º e 6º de Primaria foron ler contos aos nenos e nenas de Infantil. Saíron con eles ao patio, buscaron un lugar xeitoso, e sentados en grupiños de dous ou tres nenos e nenas por lector ou lectora, contáronlles o conto elexido. Os alumnos e alumnas de 4º utilizaron o teatrillo Kamisibai para ler o conto "O GATO SOL" para os compañeiros e compañeiras de 3º. |
||||||
Clic na imaxe central para ver todas as fotos desta actividade. |
||||||
Para non esquecer ao autor de tan recoñecida obra, propuxemos un sinxelo xogo de investigación sobre o Quixote. |
||||||
Fai clic sobre as miniaturas se queres ler de novo de que trataba. |
||||||
Non hai festa que se precie que non teña a súa música. Para esta, eleximos a canción "NUN LIBRO", da obra de Paco Nogueiras titulada "Brinca vai". Ler..., memorizar..., cantar... |
||||||
Fai clic para ler. A música ... para o día 23! |
||||||
A idea foi darlles unha imaxe relacionada co Quixote, e as nenas e nenos crearon arredor unha paisaxe relacionada coa obra de Cervantes.
|
||||||
Esforzo e imaxinación!!! |
||||||
Con todas fixemos murais e adornamos os corredores. | ||||||
No reloxo soaron as 13 horas. Saída ao patio armados cal "quixotes" con cuartilla, lapis e cores. . Primeiro homenaxeamos ao LIBRO coa canción de Paco Nogueiras: "Nun libro".
. Seguidamente, distribuídos polo patio, escribiron e ilustraron un lema sobre a importancia da lectura. Con eles adornamos as paredes do patio: ver e ler!
E nesas andábamos cando nos deron as dúas da tarde. |
||||||
PREME NA IMAXE PARA VER AS FOTOS DO DÍA DO LIBRO |
||||||
Act. Complementarias 14 - 15
DÍA MUNDIAL DO LIBRO: 2015
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2015
O 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro, o colexio, un ano máis conmemorou o seu aniversario. Este ano ofrecémoslle "flores", que os nenos e nenas compuxeron con diferentes papeis(agasallos, charol, folios de cores, cartolinas, papel pinocho...). De entre todas as flores elixiuse unha por aula para expor na entrada do cole. |
|||||
Velaí que fermosas ficaron!
Coas demais "axardiñamos" os nosos corredores. Flores para ROSALÍA - EU SON ROSALÍA PORQUE....
|
|||||
Ademais, cantamos "Adiós ríos, adíos fontes..." e ata houbo alguén que se atreveu a cantala a ritmo de rap.
Parabéns para Antón Pena Landeira de 6º B e as súas acompañantes! |
|||||
|
|||||
Premendo nas flores accédese a todas as imaxes do acto |
ENTROIDO 2015
DÍA DA PAZ 2015
NADAL 2014
|
||||||||||
AS NOSAS PANXOLIÑAS |
||||||||||
Alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º dedicáronnos unhas panxoliñas ensaiadas durante varias semanas coa súa profe de música Marián Aquí están os nosos pequenos artistas...
|
||||||||||
LIBROS PARA NADAL | ||||||||||
Estes e outros libros sobre o Nadal poderás atopalos na nosa Biblioteca | ||||||||||
Premendo na imaxe poderás saber todos os libros de Nadal que hai na nosa biblioteca | ||||||||||
|
GUÍA DE LECTURA NADAL 2014 |
|
||||||||
Esta é a nosa selección de libros recomendados para este Nadal, ao fío do noso proxecto de biblioteca |
||||||||||
|
|
|||||||||
ASÍ FELICITA O NADAL O NOSO ALUMNADO |
||||||||||
Todos os anos o noso alumnado elabora as postais de Nadal para felicitar ás familias. Aquí tedes unha pequena mostra os nosos traballos |
||||||||||
|
|
|||||||||
O APALPADOR CHEGA AO ISAAC PERAL |
||||||||||
O Apalpador é un home que vive nas montañas de Lugo, ocupado durante todo o ano en facer carbón. Come froitos silvestre e porcos bravos que caza no monte. Viste un traxe vello e cheo de remendos, e unha boina. Fuma en pipa e ten barba.
Se queredes máis información, contos e xogos sobre o Apalpador premer na imaxe. |
||||||||||
Pois ben, este ano tamén chegou o Apalpador e os seus trasnos ao noso cole. Aquí tedes as imaxes. |
||||||||||
Agradecemos á Fundaçom Artábria a súa colaboración na recuperación da figura do Apalpador e que fixo posible a realización destas actividades. Premendo no Apalpador accédese ás imaxes |
||||||||||
XA VEÑEN OS REIS.... |
||||||||||
E para rematar a celebración do Nadal no noso cole, aquí tedes o máis esperado polos nosos nenos e nenas: "A VISITA DOS REIS MAGOS" Sorrisos, ledicia, nervios e mesmo bágoas asomaban nas cariñas dos nosos "peques". Disfrutade vendo as imaxes!
Premendo na imaxe accédese ás fotos onde se poden descargar |
||||||||||
Estaremos de vacacións dende o luns 22 de decembro ata o mércores 7 de xaneiro ámbolos dous inclusive. As clases comezarán o XOVES 8 de xaneiro no horario habitual |
||||||||||
|
|
O ALUMNADO DE 2º VAI DE VISITA AO "BOSQUE VERDE"
OS SEGUNDOS NO PARQUE FERROL!!! | ||
Ao aterrar no Bosque Verde do Parque Ferrol entramos nunha animada e divertida sala, onde esvaramos por un tobogán, que nos empurraba a unha grande alfombra ateigada de bólas de cores. Ademais xogamos ao fútbol, disfrazámonos de personaxes de conto e de heroes e conducimos impoñentes coches de carreiras. Ao final da visita repoñemos forzas cun doce refrixerio. Pero ahí non rematou todo, pois O Bosque Verde agasallounos cunhas lambetadas de Samaín, ás que nos foi moi difícil resistir á tentación de abrilas antes de chegar ao colexio.
Pero mellor mirade as imaxes
|
||
EXCURSIÓN DE 6º Á CAPELA
UN DÍA MOI INTERESANTE: APRENDIMOS, XOGAMOS...PASÁMOLO MOI BEN! | |
O 17 de outubro os alumnos de sexto fomos de visita ao Museo Etnográfico da Capela e ao CEIP Mosteiro de Caaveiro onde a través dunha viaxe no tempo, comprobamos como vivían os nosos antepasados: Como eran as casas no rural, toda sorte de aparellos e utensilios que se empregaban na vida diaria, e mesmo oficios propios de épocas pasadas, algúns case desaparecidos na actualidade. Comprobamos que se podía vivir ou sobrevivir, fabricando case todo nas propias casas ou recurrindo a persoas que desempeñaban eses oficios, tamén nas propias casas. A continuación fomos ao CEIP Mosteiro de Caaveiro, nas Neves, para celebrar un pequeno encontro cos alumnos de 6º deste centro e realizar unha xornada de xogos populares e tradicionais. Alternamos, en grupos de oito, unha serie de xogos: andamos cos zancos, fixemos carreiras cos sacos, baliamos buxainas, saltamos ás lombas, xogamos á Porca, que ven sendo como unha variante do "hockey" e saímos un pouco enlamados..
Foi unha experiencia moi gratificante (algúns xa participaramos no VIII encontro de Xogos Populares, organizado por Brinquedia en Xermade) e ademais de pasalo ben vivimos en nós mesmos os xogos aos que os nosos pais, e sobre todo os nosos avós, xogaban na súa infancia. |
|