MANDADOS DO ENTROIDO
Este ano no Entroido
e unha boa ocasión
de vestir chándal ou mallas
Espremer a imaxinación
Faremos un gran esforzo
Seremos moi ben mandados
que moitas, moitas das veces
o meco non o fai doado
LUNS
Para o deporte poder practicar
algún obxecto podes necesitar
raquetas ou pelotas
ou gafas de mergullar...
calquera destas cousas
débeste colgar.
Ten coidado con traer
cousiñas moi perigosas
que na porta Mili ou Pepín
hanse de quedar con todas
MARTES
Neste día coas cores
dos aros das olimpiadas
pensaremos noutro mundo,
e como os aros,
estremos moi xuntos.
Azul o de Oceanía,
dos océanos e mares,
Negro o aro de África,
igual que a dos seus filliños,
América vermella,
os indios non son branquiños!
Europa verde dos bosques,
e Asia do sol nacente.
Cinco cores, ti escolles!
Con calquera deles nesta xornada
cumprirás coa entroidada!
MÉRCORES
O mércores podes seguir
coa idea xa iniciada,
podes vir de deportista
e coa cara pintada
e unha mascota na man
que iso non custa nada.
Mais será de peluche
para evitar algazara.
XOVES
Xoves día do equipo será
e o que o entroido che di:
ti o farás
Un equipo formarás,
Equipo de corredores
Equipo de patinaxe,
Equipo de parchís
ou mesmo de natación,
pero ninguén debe
quedarse sen aportación.
Quedade a falar no recreo,
ou pola tardiña nas casas,
hai que ter equipiño,
aínda que sexa o das damas
haberá premio ao mellor,
un premio moi cariñoso,
o premio irá ao equipo
que sexa o mais numeroso
AQUÍ ESTÁN OS GRUPOS MÁIS NUMEROSOS !
MOITAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN
PREMER NAS IMAXES
PARA VELAS MAIS GRANDES
PÓDESE ACCEDER A TODAS AS FOTOGRAFÍAS DOS MANDADOS PREMENDO NA IMAXE
E así foi o noso
DÍA DO ENTROIDO:
Desfilamos acompañados pola nosa banda de música, comimos os produtos típicos do entroido (orellas, freixós...)
e
bailamos...., bailamos moito....
Premendo nas imaxes pódense ver máis grandes.
ESTAS SON AS FOTOS DOS GRUPOS
NESTE VÍDEO PODEDES VER A CELEBRACIÓN DO NOSO ENTROIDO.
É un pouco longo pero é que foi un día moi intenso!
O alumnado de E. Infantil, como todos os anos, disfrutou coas súas piñatas cheas de lambetadas.
E o remate final, como manda a tradición, foi a queima do Antroido.
Reunímonos todos os cursos no patio e Pepín prendeulle lume ao noso Antroido entre berros e aplausos.
Foi un estupendo fin de festa!!!
Premendo na imaxe pódese acceder á galería para ver a totalidade das fotos da queima do Antroido.
Agradecemos á ANPA a súa colaboración nestas actividades
Powered by Drupal - Design by artinet