APERTURA DA BIBLIOTECA

           
           
   
 APERTURA DA BIBLIOTECA

 
           
     

 


A apertura da biblioteca do Isaac Peral foi un espectáculo excepcional.

Para abordar o respecto aos maiores versionouse un marabilloso musical titulado Carapuchiña do Eume, unha mestura de poesía, cancións populares galegas, lecturas a cargo do alumnado, cancións en castelán e inglés interpretadas polo compañeiro do Equipo de Biblioteca, que versionou o conto, e onde non falta o ingrediente da creación fantástica enraizada na nosa tradición.

Todo isto envolto nunha atmósfera vexetal que cobra identidade e grandiosidade con nítidas fotografías das incomparables Fragas do Eume, que deixan resoar a voz dende o corazón con dozura, amizade, complicidade e comprensión.

Como non podía ser doutra maneira os nenos tamén foron protagonistas.

 


 

   
       
   
           
       Esta é a presentación cunha escolma de fotos do acto de apertura.
   
           
           
           
       Para ver a totalidade das fotos do acto premer na imaxe do lobo.
   
           
         
           

Powered by Drupal - Design by artinet