A PATRULLA VERDE COIDA O NOSO PATIO

  O ALUMNADO DO 3º CICLO FORMA A PATRULLA VERDE  
 

Este ano propuxémonos ter un colexio máis limpo, e decidimos empezar polo patio. Para conseguilo estamos a facer o seguinte:

  • Nas titorías traballamos sobre a importancia de vivir nunha contorna limpa
  • Relacionámolo cos bos hábitos alimenticios, xa que era frecuente atopar as papeleiras cheas de bocadillos, froitas... e sen empezar!
  • Organizámonos e formamos a Patrulla Verde. Tócanos aos maiores dar exemplo, por iso encargámonos os de 5º e 6º desta tarefa. 

 

CALES SON AS NOSAS FUNCIÓNS?

A patrulla está formada por catro alumnos que van rotando. Todas as clases de 5º e 6º participan. Somos moi visibles. Os nosos chalecos son amarelos. Levamos luvas para protexer as mans, bolsa para recoller e caderno para apuntar todo o que vemos: nenos que tiran cousas ao chan, papeleiras cheas ou rotas....

 

 

Ao terminar o recreo imos polas clases a ensinar o que recollemos e avisar aos titores dos nenos que tiraron cousas. 

PEDÍMOSVOS QUE COLABOREDES, MANTER O COLEXIO LIMPO DEPENDE DE TODOS!

 
     

Powered by Drupal - Design by artinet