HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO

             
             
      HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO      
             
     

O mércores 30 de xuño tivemos o privilexio de poder contar no noso colexio coa presenza da bisavoa de maior idade, nada menos que 102 anos.

Resultou un acto moi entrañable para todos. A bisavoa estaba feliz, contentísima de estar no colexio da súa bisneta. De pequena non puido ir á escola, porque tiña que alindar as vacas, aprendeu a ler coas súas fillas. Por iso estar no colexio significaba moito para ela.

Díxonos que se sentía como cando tiña 20 anos e ía para unha festa. Estaba tan contenta que nos contaxiaba a todos, aplaudíalle aos nenos, ríase e choraba de alegría.

Os 450 alumnos, sentados no patio cuberto, nunca estiveran tan atentos. Había no ambiente unha mestura de admiración, alegría e complicidade tal entre os nenos e a bisavoa que, unha vez rematadas as actividades programadas, ninguén se movía, era tal a maxia que había no ambiente que fixo que os nenos romperan en espontáneos aplausos e aclamacións ata que abandonou o recinto.

Agradecemos enormemente a colaboración da familia por facer posible este encontro, pois contáronnos que non é partidaria de acudir a celebracións, pero tratándose do colexio da bisneta... CANTO LLES DEBEMOS AOS NOSOS MAIORES!

     
             
      Nesta presentación pódense ver algunhas das imaxes desta entrañable visita      
             
             
             

Powered by Drupal - Design by artinet