Biblioteca curso 11 - 12

PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2011-2012

   
     
 

PLAN MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES CURSO 2011-2012

"VALORES ARREDOR DOS AUTORES II"

 
 

Neste novo curso que comeza continuamos co noso proxecto da biblioteca. Da man dos contos, o alumnado terá a oportunidade de reflexionar e actuar en sintonía coa súa madurez e realidade. Cunha linguaxe próxima acercaremos ao alumnado ao mundo da fantasía o que lle axudará a  desenvolver a súa propia imaxinación.

Por outra banda vemos positivo e necesario seguir traballando cos contos, pois foron útiles para a análise de feitos reais, modificar actitudes, comparar calidades e capacidades, fomentar a empatía... Pero, sobre todo, traballar e cooperar en equipo.

É por iso que imos continuar nesta liña de actuación para presentar e incorporar uns novos VALORES (RESPECTO AOS MAIORES, AMIZADE E XENEROSIDADE, SINCERIDADE) moi próximos a eles, sen deixar de afondar e consolidar os valores do esforzo, o respecto ás diferenzas e a responsabilidade, fundamentais para o seu crecemento integral.

 
     
   
  APERTURA DA BIBLIOTECA 
 AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAMOS COS PRÉSTAMOS  
         
   
  CONTACONTOS DE PRIMEIRO  CONTACONTOS DO ENTROIDO  RICARDO GÓMEZ VISITA O CENTRO  
         
         
   GONZALO MOURE VISITA O CENTRO  XOSÉ TOMÁS VISITA O CENTRO  ANA ALONSO VISITA O CENTRO  
         
         
  MEMORIA 11 - 12  UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL  GUÍA DE LECTURA 11 - 12  
         

HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO

             
             
      HOMENAXE Á BISAVOA DO NOSO COLEXIO      
             
     

O mércores 30 de xuño tivemos o privilexio de poder contar no noso colexio coa presenza da bisavoa de maior idade, nada menos que 102 anos.

Resultou un acto moi entrañable para todos. A bisavoa estaba feliz, contentísima de estar no colexio da súa bisneta. De pequena non puido ir á escola, porque tiña que alindar as vacas, aprendeu a ler coas súas fillas. Por iso estar no colexio significaba moito para ela.

Díxonos que se sentía como cando tiña 20 anos e ía para unha festa. Estaba tan contenta que nos contaxiaba a todos, aplaudíalle aos nenos, ríase e choraba de alegría.

Os 450 alumnos, sentados no patio cuberto, nunca estiveran tan atentos. Había no ambiente unha mestura de admiración, alegría e complicidade tal entre os nenos e a bisavoa que, unha vez rematadas as actividades programadas, ninguén se movía, era tal a maxia que había no ambiente que fixo que os nenos romperan en espontáneos aplausos e aclamacións ata que abandonou o recinto.

Agradecemos enormemente a colaboración da familia por facer posible este encontro, pois contáronnos que non é partidaria de acudir a celebracións, pero tratándose do colexio da bisneta... CANTO LLES DEBEMOS AOS NOSOS MAIORES!

     
             
      Nesta presentación pódense ver algunhas das imaxes desta entrañable visita      
             
             
             

UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL

         
    UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL    
         
   

Despois de traballar durante todo o curso o valor do respecto aos avós, o 13 de xuño recibimos a visita na nosa biblioteca do avó dun neno de E. Infantil. Faloulles de como foi a súa infancia, da súa familia, dos xoguetes da súa época..., todo iso presentándoo con fotografías. Ademais contoulles dúas historias que sabía de pequeno pola súa nai. E tamén lles deu unha pequena explicación sobre o ceo, as estrelas e as constelacións.

Os nenos e nenas recitáronlle como agradecemento unha poesía sobre os avós traballada na aula e cantáronlle unha canción titulada Xogaremos á rolda das flores. Tamén o agasallaron cun traballo que recollía a poesía recitada e ilustrada cos seus debuxos.

Resultou unha experiencia moi motivante e enriquecedora, e quedamos moi agradecidos pola súa colaboración.

   
         
    Nesta presentación podemos ver imaxes da visita do avó.    
         
         
         

DÍA DO LIBRO 2012

 

 

 
 

DÍA DO LIBRO 2012

 
 

 

O venres 23 de abril celebramos no noso centro o Día do Libro cun acto no patio e tamén coa organización da II Feira do Libro Solidario para recaudar fondos para enviar aos campamentos saharahuis.

Tamén hai nesta web información, actividades e máis recursos sobre o día do libro. Pódese acceder a eles premendo na imaxe.

 
     
  ACCEDER ÁS FOTOS DA CELEBRACIÓN  
     
     

ENCONTROS CON...GONZALO MOURE

     
  OUTRO ESCRITOR VISITOU O NOSO CENTRO: GONZALO MOURE  
  Acudiu á biblioteca o alumnado de 5º  
 

  O pasado xoves, 15 de marzo, o alumnado de 5º de primaria recibiu ao escritor GONZALO MOURE.

O interés despertado polo autor nas aulas era máximo xa que tiñan lido o seu libro "Los gigantes de la luna" , ambientado no Sahara, que xunto co tema dos avós forma parte do proxecto da biblioteca. Sabían que a elección deste tema debíase á visita que realizou o ano pasado ao colexio.

Recibírono cunha breve presentación elaborada por eles e cunha lectura de dous poemas da súa creación, un sobre os avós e outro sobre a Lúa e o Sol. 

A entrevista desenrolouse nun ambiente de moita expectación. Os nenos e  nenas estaban moi interesados nas súas respostas. Fixéronlle preguntas moi variadas e profundas, tanto do Sahara como da súa faceta de escritor comprometido con este pobo.

Sorprendeulles a súa amabilidade e o trato que recibiron.

Foi un encontro moi emotivo, nas súas declaracións e posterior reflexións sobre a visita, non escatimaron en eloxios.

            

Máis fotografías premendo na imaxe

 

OS XOGOS DOS TEUS AVÓS

     
  RECOMPILACIÓN DE XOGOS TRADICIONAIS  
 

 

Seguindo co noso proxecto da biblioteca "O Respecto aos maiores", o alumnado do 1º ciclo de primaria, coa colaboración dos pais, nais, avós ou avoas, fixo unha recompilación de xogos tradicionais baixo o título de " OS XOGOS DOS TEUS AVÓS" que podemos ver na seguinte presentación:

 

 

 
Pódese ver a pantalla completa
 
GRAZAS POLA COLABORACIÓN DAS FAMILIAS
 
     

ENCONTROS CON...XOSÉ TOMÁS

     
  O ILUSTRADOR XOSÉ TOMÁS VISITOU O NOSO CENTRO  
 

ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DO PRIMEIRO CICLO

Quen dixo medooo? Comprobamos que os nenos e nenas do primeiro ciclo non teñen moitos medos, ainda que ao dibuxante Xosé Tomás lle confesaron que só lle tiñan algo de medo aos morcegos e ás alturas. 

Descubrimos que gracias á arte do noso debuxante que os gorilas poden conducir en coche de carreiras comendo ao mesmo tempo patacas fritidas e tamén que as vacas "ben mantidiñas" xogan ao balón nas frondosas fragas galegas.

Debuxar tan ben pareceulles maravilloso aos nenos e ás nenas.

 

       

Grazas Xosé Tomás por mostrarnos a maxia dos teus trazos.!

Aos nenos e ás nenas gústanos moito debuxar e ilusionáronnos os teus traballos!

 
 

 Máis imaxes do acto premendo no debuxo 

 

A ESCRITORA ANA ALONSO VISITA O NOSO CENTRO

     
  ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DE 2º E 3º CURSO DE PRIMARIA  
 

O pasado día nove de marzo arribou á biblioteca do noso centro unha morea de piratas e de nenos e nenas sen ningún tipo de medeos. Estes rapaces e rapazas chrgaron coa ilusión de coñecer e convivir coa escritora ANA ALONSO. Despois de disfrutar da lectura dos seus libros, todos tiñamos moitas custións que preguntarlle. Pásamolo moi ben e disfrutamos moito da súa presenza.

Ana contounos unha morea de curiosidades relacionadas coa súa profesión e a paixón por inventar contos. Todos/as saímos con moitas gañas de seguir lendo. Esa foi a principal recomendación que a nosa nova amiga Ana deixounos a todos.

 

        

Ao remate asinoulles os libros ao alumnado e fixo unha adicatoria no libro de visitas da biblioteca

Máis fotografías do acto premendo nesta imaxe 

 
     

O ESCRITOR RICARDO GÓMEZ VISITA O NOSO CENTRO

     
  ACUDIU AO ACTO O ALUMNADO DO TERCEIRO CICLO DE PRIMARIA  
     
 

 O escritor RICARDO GÓMEZ, autor do libro “El cazador de estrellas” visitou o noso centro. Ao acto acudiu o alumnado do terceiro ciclo de primaria. A sesión foi moi entretida e o autor contestou ás múltiples preguntas sobre o seu libro.
“El cazador de estrellas” foi o libro elixido polo profesorado para que lese o alumnado do terceiro ciclo xa que está moi relacionado co noso proxecto “Conocernos para querernos” porque o seu escenario é o Sahara. Trátase dun interesante e emotivo relato, baseado na experiencia do autor nos campos de Smara, que reflicte a vida cotiá, as crenzas e as aspiracións do pobo saharauí.

Máis imaxes do acto

 
     

SESIÓN DE CONTACONTOS

     
  O ALUMNADO DE PRIMEIRO ASISTE NA NOSA BIBLIOTECA A UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DA EDITORIAL KALANDRAKA  
 

O día dous de febreiro tivemos, en primeiro, unha sesión de contacontos da editorial Kalandraka, con dous protagonistas: Patricia e Alex.

Alex é músico e toca moi ben o acordeón. Patricia é a encargada de cantar e de contar os contos.

Ámbolos dous fixeron unha animación con tres contos: "O mago de goma", "A familia C" e "Pancho". 

- Foi moi divertido porque escoitamos e cantamos - comentaron os nenos.

- Foi unha viaxe fantástica chea de música e palabras - dixeron as profes.

            

Agradecemos á editorial Kalandraka que nos fixese disfrutar desta maneira tan divertida de ver os contos!

 

DÍA DA PAZ 2012

    DIA DA PAZ 2012    
    MERCADIÑO SOLIDARIO     
 

Para conmemorar o Día da Paz este ano fixemos  UN MERCADIÑO DE LIBROS SOLIDARIOS.

Deste xeito quixemos conectar os conceptos de reutilización, lectura e soliedariedade coas persoas máis afectadas pola crise económica.

Para poder levala a cabo pensamos que, de xeito voluntario, cada neno e nena doara un libro dos que tivera na casa e que xa o tivesen lido.

O Día da Paz montáronse tenderetes que foron atendidos polo alumnado de 6º, os libros vendéronse a un prezo simbólico de 1€. 

O diñeiro recaudado no mercadiño solidario foi entregado para a Cociña Económica de Ferrol. Recaudáronse 670 euros, que permiten ofrecer 134 menús.

Para ver as fotos do acto de entrega da recaudación premer na imaxe.

 
    Esta é a presentación de fotos co acto de celebración do Día da Paz e do Mercadiño Solidario.    
       
     
  Estes foron os nosos traballos e murais feitos nesta data conmemorativa  
       
    RECURSOS DIDÁCTICOS    
     
         
     CANCIÓN ELIXIDA: Himno a la alegría" MIGUEL RÍOS    
       
         
         
       Letra da canción "HIMNO DE LA ALEGRÍA"     
   

"Escucha hermano la canción de la alegría
el canto alegre del que espera
un nuevo día
ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos.
Ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos.
Si en tu camino solo existe la tristeza
y el llanto amargo
de la soledad completa,
ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos.
Si es que no encuentras la alegría
en esta tierra
búscala hermano
más allá de las estrellas,
ven canta sueña cantando
vive soñando el nuevo sol
en que los hombres
volverán a ser hermanos"

   
         
         
         
   
         
   

COÑECERNOS PARA QUERERNOS

O noso centro, a través da biblioteca, está integrado nun proxecto de intercambio e colaboración cos nenos e nenas do campamento de refuxiados de Smara, no Sáhara.

Para que os coñezamos enviáronnos unhas preciosas fotos nas que nos achegan ao lugar onde viven e na que nos mostran cheos de entusiasmo o BUBISHER e o seu niño.

O BUBISHER é un paxaro do Sáhara que é presaxio de boa sorte porque anuncia chuvias. Por esa connotación tan positiva é polo que tamén lle chaman así a un camión cheo de libros, contos e diverso material didáctico que chega ao seu campamento regularmente. Nas fotos móstrannos tamén a construcción do niño do BUBISHER, unha biblioteca coa que están moi ilusionados.

Esta é a presentación coas fotografías que nos mandaron os nosos amigos do Sáhara.

   
   
   
    Para descargar a presentación de Power Point premer aquí    
         
    Este é o video coa montaxe das fotografías e os textos.    
       
         
         
   

Como ven sendo habitual desde hai xa 26 anos, o SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ ven promovendo nas aulas e na vida a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ cada 30 de xaneiro, aniversario da morte de Gandhi.

Este Seminario publica na súa web moi diversos materiais e recursos didácticos para facilitarlle ao profesorado preparar esta celebración: propostas didácticas, documentos, campañas, recursos audiovisuais, etc.

Para acceder á web deste Seminario premer na imaxe.

   
         
    MÁIS RECURSOS PREMENDO NA IMAXE    
       
       

Volver a DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIADía da Paz

XA ESTÁ PUBLICADO O ÚLTIMO NÚMERO DE "MAREIRIÑA"

             
 

MAREIRIÑA, A NOSA REVISTA ESCOLAR

   
 
 
 
Se se quere ver máis grande hai que premer na imaxe
         
 

Xa está publicado o último número da nosa revista escolar MAREIRIÑA con artigos moi interesantes e aportacións dos distintos cursos.

Preme na imaxe para acceder a outras edicións de MAREIRIÑA.

Xornal    
         
             

Powered by Drupal - Design by artinet