UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL

         
    UN AVÓ VISITA AO ALUMNADO DE E. INFANTIL    
         
   

Despois de traballar durante todo o curso o valor do respecto aos avós, o 13 de xuño recibimos a visita na nosa biblioteca do avó dun neno de E. Infantil. Faloulles de como foi a súa infancia, da súa familia, dos xoguetes da súa época..., todo iso presentándoo con fotografías. Ademais contoulles dúas historias que sabía de pequeno pola súa nai. E tamén lles deu unha pequena explicación sobre o ceo, as estrelas e as constelacións.

Os nenos e nenas recitáronlle como agradecemento unha poesía sobre os avós traballada na aula e cantáronlle unha canción titulada Xogaremos á rolda das flores. Tamén o agasallaron cun traballo que recollía a poesía recitada e ilustrada cos seus debuxos.

Resultou unha experiencia moi motivante e enriquecedora, e quedamos moi agradecidos pola súa colaboración.

   
         
    Nesta presentación podemos ver imaxes da visita do avó.    
         
         
         

Powered by Drupal - Design by artinet