CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA

     
  Queremos informarvos dunha iniciativa que foi proposta pola ANPA á dirección do centro: unha CAMPAÑA DE RECICLAXE SOLIDARIA que é unha Campaña de recollida de Tapóns Solidarios, que leva a cabo AS.PA.NE.MI (Asociación de pais de nenos con minusvalía) en colaboración con AEFAT (Asociación Española Familia Ataxia-Talangiectasia). A ataxia é unha enfermidade dexenerativa do sistema nervioso, que en Galicia sofren so 3 persoas, entre as que se encontra Sonia, unha nena de 10 anos, de Ferrol. Para as 12 persoas con esta doenza en toda España non existe ningún tipo de tratamento.
 AEFAT está levando a cabo unha campaña de reciclaxe solidaria, para recadar fondos e destinalos á investigación da ataxia-talangiectasia, consistente na reciclaxe de tapóns de plástico procedentes de todo tipo de envases de uso doméstico (refrescos, zumes, leite, deterxentes, suavizantes, etc...). Os tapóns serán logo recollidos por empresas de reciclado de plástico que abonan a AEFAT 200 € por tonelada recollida.
 Para a recollida no centro colocaremos unha caixa á entrada do colexio e na oficina da ANPA para que poidades deixar os tapóns que recollades (a ser posible que veñan limpos, caso de zumes ou lácteos, pois poderían dar mal olor mentres se xunta unha cantidade suficiente para a súa recollida).
Máis datos pinchando en  http://www.aitzina.org/reciclaje-solidario/  ou no blog da ANPA, onde atoparedes  fotos e enlaces con máis información.
 
     

Powered by Drupal - Design by artinet