Skip to Content

En Galego

ACTUALIZACIÓN GALERÍA DE FOTOS

Actualizamos a Galería con fotos de diferentes actividades levadas a cabo neste curso (2ª Semana da froita, Día do Libro, Letras Galegas e Festival de Fin de Curso). Premede aquí.

"As nosas cousas"

Premede nas imaxes para acceder á revista do colexio "As nosas cousas".

                                             AS NOSAS COUSAS AS NOSAS COUSAS                            

"Xosé Filgueira Valverde"

LETRAS GALEGAS 2015

 

Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2015, Xosé Filgueira Valverde, así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para todos os cursos de educación primaria e educación infantil. Ás actividades en liña tamén se pode acceder directamente dende esta páxina web (barra lateral dereita).

Tamén podedes atopar este mesmo material, xunto con outros achegados por outros centros educativos, na páxina da coordinadora de ENDLG.         

                                                                                                                 

VII CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES EN FAMILIA

Premede na imaxe para ver as bases do "Concurso de narracións breves" organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A data límite para participar é o 27 de marzo.

Samaín 2014

Un ano mais celebramos no colexio o Samaín. O luns empezou o alumnado a traer as cabazas elaboradas na casa coa colaboración das familias. Varios alumnos e alumnas de 6º de Primaria axudaron aos participantes a colocar as cabazas no recibidor e repartiron agasallos.

"As nosas cousas"

Premede na imaxe para acceder á revista do colexio "As nosas cousas".

                                           

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

O venres 16 de maio celebrouse no colexio un festival por mor da celebración do Día das Letras Galegas.

Podedes ver o vídeo aquí.

Houbo diversas actuacións:

  • "Corre, corre cabaciña", canción interpretada polo alumnado de 1ºC.
  • "O galo", canción interpretada polo alumnado de 2ºA.
  • "Foliada de Bergantiños", canción interpretada polo alumnado de 2ºC.
  • Recital de poesías de Manuel María, polo alumnado de 3ºB.
  • Recitado do poema "Esmeraldiña" por Jeremy e Carlos.
  • Canción "Esmeralda", poema de Xosé María Díaz Castro, interpretada por Agustina, Alejandra e Olalla.
  • Poema "A princesa do Courel", escenificado polo alumnado de 6ºA.
  • Obra de teatro "Isto é un asalto", interpretada polo alumnado de 6ºB.

VI CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES EN FAMILIA

Xa temos os nomes dos premiados, das premiadas e dos/as finalistas.

Parabéns a todas e todos.

 

Letras Galegas 2014

  Xosé María Díaz Castro Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2014, Xosé María Díaz Castro (biografía, fotos, dípticos...) así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para os tres ciclos de educación primaria e educación infantil.

Tamén podedes atopar este mesmo material, xunto con outros achegados por outros centros educativos, na páxina da coordinadora de ENDLG e na da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Distribuir contido


by Dr. Radut