Skip to Content

En Galego

Festival Letras Galegas 2017 - 1º Pase

O 16 de maio celebramos no colexio o día das Letras Galegas cun festival repleto de actuacións. Levouse a cabo en dous pases; no primeiro contamos coa participación do alumnado de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria e no segundo pase coa participación das nenas e dos nenos de 4º, 5º e 6º.

A continuación enumeramos as actuacións da primeira parte:

  • A canción "O galo canta" (1ºB)
  • A canción "Pirimpimpín" (1ºA)
  • O conto "Lolo anda en bicicleta" de Carlos Casares (2ºA)
  • A canción "O tren" (2ºB)
  • A obra de teatro "A galiña azul" de Carlos Casares (2ºC)
  • A canción "Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto e André Letria (1ºC)
  • A canción "Meu o mundo é" de Paco Nogueiras (3º)
  • Actuación de nenas pandereteiras de diferentes cursos.

Parabéns a todas e todos polo traballo levado a cabo. Hai que felicitar tamén ao marabilloso público de Infantil que nos deu unha lección a todas e todos.

Xa están listos os vídeos desta parte. Premede na imaxe para acceder ao canal de youtube.

                                                                              

 

Nuns días estarán á vosa disposición as gravacións da segunta parte.

LETRAS GALEGAS 2017

O martes 16 de maio celebraremos no colexio o día das Letras Galegas cun festival cheo de actuacións. Mentres esperamos que saian os vídeos deste curso, podemos recordar algunhas das obras e cancións representadas no curso 2015-2016.

Premede na imaxe para acceder ao contido.

                                                                            LETRAS GALEGAS 2016

 

LETRAS GALEGAS 2017

Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2016, Carlos Casares, así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para todos os cursos de educación primaria e educación infantil. Ás actividades en liña tamén se pode acceder directamente dende esta páxina web (barra lateral dereita).

Na seguinte ligazón tedes acceso ás biografías de Carlos Casares e a tres textos en linguaxe de signos:

http://tv.uvigo.es/es/serial/2943.html

Nos arquivos adxuntos tedes á vosa disposición outro material (marcapáxinas, díptico, a biografía de Carlos Casares e unha adaptación teatral da obra "A galiña azul").

Tamén podedes atopar este mesmo material, xunto con outros achegados por outros centros educativos, nas seguintes páxinas:

                                                                                                              CARLOS CASARES

UNIDADE DIDÁCTICA MAGOSTO

Premede na portada para acceder á unidade didáctica "Tres textos para o magosto" elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

                                                          MAGOSTO 2016

Materiais - Samaín 2016

A continuación podedes acceder aos materiais do Samaín para Infantil e Primaria; materiais elaborados polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do colexio Galán e do colexio Eusebio da Guarda e polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do colexio Galán:

                                                           SAMAÍN 2016

As Nosas Cousas

                                                 AS NOSAS COUSAS

LETRAS GALEGAS 2016

Xa tedes á vosa disposición na web do Seminario Galán numerosa información sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas, 2015, Manuel María, así como diferente material didáctico, en PDF e en rede para todos os cursos de educación primaria e educación infantil. Ás actividades en liña tamén se pode acceder directamente dende esta páxina web (barra lateral dereita).

Tamén podedes atopar este mesmo material, xunto con outros achegados por outros centros educativos, na páxina da coordinadora de ENDLG.    

                                                                                                        MANUEL MARÍA     

VIII CONCURSO DE NARRACIÓNS BREVES EN FAMILIA

Premede na imaxe para ver as bases do "Concurso de narracións breves" organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. A data límite para participar é o 8 de abril.

                                                   

VISITA DUN FELO DE MACEDA

O pasado xoves, 4 de febreiro, visitounos no colexio un felo de Maceda. O protagonista desta visita era Jorge Fernández Carballo, membro da Asociación Felos da Corga da Serra e antigo alumno de Galán, que viña co traxe de felo da súa terra natal.

Jorge explicoulle ao alumnado de infantil, primeiro e segundo as características da súa indumentaria e das costumes e tradicións que arredor desta figura se manteñen vivas polas terras de Maceda.

Someteuse ás preguntas do alumnado e deulles un recital de chocas. Unha auténtica marabilla!

Máis fotos na Galería.

                                                                

 

 

Material - Magosto 2015

A continuación podedes acceder aos materiais do Magosto para Infantil e Primaria; materiais elaborados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega:

       MAGOSTO 2015            TEXTOS MAGOSTO 2015         

Distribuir contido


by Dr. Radut