Skip to Content

En Galego

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Moitas grazas pola vosa participación na actividade programada para as Letras Galegas. Grazas a ela, puidemos elaborar este entrañable vídeo. Agardamos que vos guste. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou un pequeno trivial con preguntas sobre os últimos 5 autores homenaxeados nas Letras Galegas.

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra está a compratir cos centos o proxecto  de “As Pitas Baixo a Choiva http://aspitas.gal/ que conten un conto, cd e unidade didáctica sobre esta obra.

Agardamos que vos guste.

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

O CEIP de Galán de Oseiro, achega a figura de Rosalía ao seu alumnado con "Tecín soia a miña tea".

Ana Hermida, a nosa Rosalía de Castro, estará co alumnado do CEIP de Galán de Oseiro, parroquia arteixá onde naceu o patriarca Manuel Murguía, marido de Rosalía.

Faremos un repaso pola biografía e pola obra da Nai das nosas letras, haberá representación teatral, dramatización da súa obra e participación do alumnado, que terá ocasión de poñer voz á nosa Poeta nacional e remataremos a gran festa Rosaliana dando lectura ao Manifesto da AELG redactado este ano por Daniel Asorey.

O encontro de Rosalía co alumnado terá lugar o venres 28 de febreiro no salón de Actos do CEIP de Galán e comezará ás 9:20 h. con varias sesións para catrocentos cincuenta e tres escolares.

Publicado por LISISTRATA o 1 de febreiro ás 19:29 Etiquetas: AELG, Ana Hermida, Arteixo, Ceip Galán, colexios, feminismo, poesía, Rexurdimento, Rosalía, teatro, Tecín soia a miña tea.

 

 

 

CORRELÍNGUA 2019

SEMINARIO GALÁN

 

CONCURSO NARRACIÓNS BREVES

CORRELINGUA 2019

Este ano o alumnado de 4º de Educación Primaria participará, o próximo venres, 3 de maio, no "Correlingua 2019", actividade na que participa alumnado de varios centros da provincia de A Coruña.

O "Correlingua" é unha actividade que consiste na realización dunha andaina a prol do uso do noso idioma baixo o lema "O Galego é a fórmula", buscando a normalización da nosa lingua entre a mocidade e a infancia.

O alumnado partirá dende Riazor, percorrerá o paseo marítimo e chegará ata a Torre de Hércules pasando pola praza de España, acompañado polo seu titor/a. O percorrido ten unha distancia de 3 km.

Despois haberá un acto festivo, para finalmente xantar e ter un tempo de xogo.

O alumnado virá ao colexio no seu horario habitual. Saldrá as 10:15. As 16:30 recollerao o autobús e chegará ao colexio as 17:00 h.

Os nenos e nenas que teñan actividades pola tarde poden incorporarse a súa actividade. En caso de no ter, haberá que recollelos as 5 da tarde.

Os nenos e nenas que usen servizo de comedor, o servizo de catering prepararalles unha bolsa con comida.

Os autobuses costan 176€, polo que cada familia debe achegar 3€ para este gasto.

 

Esperamos que os rapaces e rapazas xunto cos mestres e mestras disfruten da xornada.

 

 

Homenaxeamos o día de Rosalía de Castro

Todo o alumnado do noso centro participou na elaboración dun vídeo para homenaxear o día de Rosalía de Castro.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut