Skip to Content

ESCOLARIZACIÓN ALUMNADO 2024-2025

AVISO: APRAZAMENTO DE SAÍDAS CON XABIER MACEIRAS

AVISO:

Debido ás condicións da metereoloxía tivemos que aprazar as saídas previstas e programadas con Xabier Maceiras nos seguintes niveis, por orde de data:

3º de educación primaria, que se realizará o luns día 4, se o tempo o permite.

2º de educación primaria

1º de educación primaria

4º de educación primaria

Planificaremos novas datas que daremos a coñecer por esta páxina e informarase dende as titorías.

Grazas pola vosa colaboración e grazas a Xabier Maceiras!

LISTAXE DE RESERVAS DE ALUMNADO PARA O IES DE PASTORIZA

AVISO: Todo o alumnado de 6º que presentou a reserva para o IES de Pastoriza está admitido no posto reservado. Pódese consultar a listaxe no taboleiro interior do CEIP de Galán.

BOLETÍN CFR A CORUÑA DE FEBREIRO PARA A COMUNIDADE EDUCATIVA

BOLETÍN FEBREIRO 2024 CFR A CORUÑA. PICA AQUÍ

PRIMEIRA ROLDA DO COMPIONATO DE PARCHÍS

CANCELACIÓN SAÍDAS XOVES E VENRES

Nota informativa,

por motivos de predición metereolóxica para este xoves e venres, cancelanse as saídas de 4º. Realizaranse noutras datas.

AVISO FAMILIAS DE SEXTO

O xoves 22 de febreiro publicarase no taboleiro interior do centro a listaxe de alumnado co posto reservado no IES de Pastoriza. As listaxes que se publican ao longo do procedemento son as xeradas pola aplicación admisionalumnado.

CAMBIO NO MENÚ DE COMEDOR DO DÍA 23 DE FEBREIRO

O vindeiro 23 de febreiro en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, a cal volve a poñer en marcha este 2024, co aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar ” na que explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Por iso, mandarán de primeiro prato a todos os usuarios e usuarias do comedor un caldo galego.

Ademais daráselles un mantel desbotable onde se explica toda a iniciativa.

O segundo prato e sobremesa manteñense como estaba previsto no menú de febreiro.

Ligazón á páxina da Fundación Rosalía de Castro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut