Skip to Content

VISITA A CÓRDOBA. ALGUNHAS FOTOS

Estamos rematando a visita a Córdoba, aquí vos deixamos algunhas fotografías.

En Cáceres

Mérida. O anfiteatro

O Cerro Muriano

   Mezquita

 

Xornada de convivencia deporte adaptado co CEIP Eduardo Lucena.

Ligazón ao Instagram do centro de Córdoba da actividade.

https://www.instagram.com/p/C6JbdjmMUbx/?igsh=ZmF0eXZ5cDNtc204

ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA VISITA EROSKI

O martes 2 de abril a clase de 5º A visitamos o supermercado Eroski en Arteixo. Antes da visita recibimos na propia aula unha charla formativa por persoal de Eroski, sobre os alimentos, sobre os postos de traballo que había e sobre todo da importancia de coidar a alimentación.

Fomos en autobús e xa alí visitamos as diferentes seccións. Na sección de peixería aprendemos as diferencias entre o peixe azul e o peixe blanco, blanco; na zona dos lácteos como revisan os produtos caducados e así ata acabar todas as seccións. Unha vez rematadas as seccións tiñamos  preparada unha pequena merenda con zumes, iogures, queixo, sandía, melón, amorodos... A continuación da merenda realizamos xogos de adiviñar froitas cos ollos vendados, co tacto e co gusto.

Por último entregáronnos unha mochila cun plátano, unha laranxa, unha mazá, unha botella de auga, unha bolsa para mercar e un cheque aforro.

PASÁMOLO XENIAL!                Redaccción: Alumnado de 5º A

 

RETOMAMOS AS SAÍDAS CON XABIER MACEIRAS, ESTA VEZ A UXES

O alumnado de 1º A e 1º B realizou a saída á Estación de Uxes, visitando a estación e un trozo da antiga vía do tren. Toda unha aventura!!!  Tedes as fotos na galería.https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/galeria/thumbnails.php?album=152

Programa educativo “Navega con Rumbo”

O alumnado de 5º de educación primaria participa no programa Navega con Rumbo o día 19 de abril de 10.00 a 11.00 horas. Programa da Consellería.

FALADOIRO CO ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

O alumnado de terceiro de primaria coñeceu como é o traballo dun abogado da man do papá de Lume de 3º B.

Moitísimas grazas!

FORMACIÓN ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

Hoxe, o alumnado de 5º de primaria recibíu unha sesión formativa sobre "Parques Eólicos" a cargo de Alberto.S.M (Xerente Enxenería Civil e Medio Ambiente en IDOM Consulting Engineering Architecture S.A.U).

Moitísimas grazas!

 

2ª ROLDA CAMPIONATO DE PARCHÍS

TALLERES MATEMÁTICOS PARA 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

O venres día 12 de abril alumnado da Universidade da Coruña ( UDC) xunto co seu profesorado da Universidade estiveron nas aulas de quinto de primaria colaborando e interactuando co noso alumnado de quinto na realización dun obradoiro de matemáticas.

Moitísimas grazas a todas e a todos!

E por suposto ao profesorado da Universidade pola súa colaboración co CEIP de Galán.

OBRADOIROS NO CAFI. BIBLIOGALÁN

Obradoiros sobre a biblioteca escolar coma centro creativo das aprendizaxes no CAFI, no marco do Plan anual de formación do profesorado. Na rede social Instagram.
 

 

https://www.instagram.com/reel/C5nvoFiMv6r/?igsh=MWVua3o3czc0MXZ3dA%3D%3D

Distribuir contido


by Dr. Radut