Skip to Content

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOSO CENTRO!

              CEIP de GALÁN

         Código do centro: 15023041 

         Rúa Miguel de Cervantes, 21.

         15141- Oseiro (Arteixo)

         Teléfono: 881880903   Fax: 881880906

          E-mail:ceip.galan@edu.xunta.gal

NOVAS: ELECCIÓNS DE MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES

A atención da comunidade educativa,

publicouse no DOG do 18 de setembro a Resolución do 10 de setembro pola que se establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Picade AQUÍ,  acceso ao DOG

 
 

MENÚ COMEDOR ESCOLAR PRIMEIRO TRIMESTRE

 

Á atención das familias usuarias do servizo de comedor,

publicamos os menús que facilita a empresa Jardanay.

Adxunto 1: menú trimestral en galego

Adxunto 2: menú trimestral en castelán

Adxunto 3: menú sen carne

Adxunto 4: menú sen porco

Adxunto 5: menú sen peixe

 
 

ACTIVIDADE DE BIBLIOTECA

A partires do 16 de setembro de 2024 a bibliogalán abre as súas portas para todo o alumnado da etapa de Educación Primaria.

De martes a venres e en dúas quendas, as nenas e nenos poderán consultar e gozar do noso catálogo bibliográfico así como levar a cabo outras tarefas relacionadas cos traballos de aula, etc. É importante ter en conta que os traballos, tarefas, etc. non estarán supervisados polo profesorado presente.

Ligazón para inscribirse.

https://abalarbox.edu.xunta.gal/index.php/apps/forms/2jiprdKAPdbYFmGC

COMUNICACIÓN DE ALERXIAS OU INTOLERANCIAS PARA O SERVIZO DE COMEDOR

Xúntase o documento para informar das alerxias ou intolerancias alimentarias para o servizo de comedor e o seu envío á empresa Jardanay.

LISTAXE DE ALUMADO ADMITIDO NO COMEDOR EN SETEMBRO

A/atención das familias usuarias de comedor,

a listaxe do alumnado que presentou a solicitude fóra de prazo está exposta no taboleiro interior do centro desde o día 10 de setembro ás 11.00 horas.

As solicitudes presentadas están admitidas.

O inicio do servizo de comedor é o día 11.

O equipo directivo

COMEZA O NOVO CURSO 2024-2025

RECOLLIDA DOS LIBROS DO FONDO

Día de recolida de libros de texto de fondo solidario

  e 

. Luns 9, de 11:30 a 13:30.

REUNIÓNS DE PRINCIPIO DE CURSO COAS FAMILIAS

 4ºE.I  Luns 9, ás 10.00 h na propia aula
5º e 6ºE.I  Martes 10, ás 10.00 h nas aulas
1º e 2ºE.P  Luns 9, ás 11.00 h nas aulas
3º e 4ºE.P  Luns 23, ás 17.00 h nas aulas
5º e 6ºE.P  Luns 16, ás 17.00 h nas aulas

O profesorado titor de cada curso faravos chegar a convocatoria da reunión.

Un saúdo

O equipo directivo

INSTRUCIÓNS CURSO 2024-2025

Publicouse a Resolución do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2024/25.

Distribuir contido


by Dr. Radut