OS CAVERNÍCOLAS
Un luns do mes de abril, Erika contounos que no seu parque había unha cova:
- Quen vive na cova? Un osiño
- Nós poderíamos vivir nela? Noooon!!!!
- Por qué? Non hai luz, non hai camas, non hai tele...
Aos poucos días chegou unha caixa sorpresa á nosa aula, nela había moitas cousas e unha carta dunha nena cavernícola, Gurka.
Entón, quixemos saber máis desa nena e decidimos buscar información pedindo axuda aos papis e mamis.
- Na biblioteca
- Preguntando aos moi maiores de 5º de E. Primaria
Aprendemos moitas cousas:
- Como e onde vivía
- os seus utensilios, que comían, como se vestían...
- os debuxos que facían
autores: Adrián e a súa mamá
Tamén fixemos "deberes"
petroglifos de Punta Herminia |
Despois de saber moito da vida de gurka, quixemos facer coma ela
- xogamos sen xoguetes
- fixemos a nosa pintura
- e tamén o noso barro
Pintamos un bisonte... con chocolate!!! Que rico!
Quixemos ser meniños menciñeiros e fumos a recoller herbas aromáticas.
Logo pensamos en facer de comer coma os cavernícolas, cazar non nos gustaba e pescar tampouco, máis se había que comer sen cociñar como
fan as nosas mamis e papis. Así que decidimos comer froita e fixemos unha rica macedonia.
Isto que coñecemos foi grazas a uns homes moi estudiosos que se chaman paleontólogos e que descubriron todo o que sabemos.
Nós,por suposto, tamén fomos paleontólogos ...
Para rematar e ter sempre un recordo da nosa amiga Gurka, pintamos unhas preciosas camisetas cavernícolas.