EI 4º Curso

Reunión informativa educación infantil tres anos. Curso 2019-2020

  O vindeiro xoves 5 de setembro ás 16:30 horas terá lugar a reunión informativa para as familias do alumnado de educación infantil de tres anos no SUM (sala de usos múltiples) no edificio de primaria.

fin curso

Rematamos o curso

O último día de curso, marchamos todo o cole de andaina ao Monte de San Pedro.

Os máis maiores foron cun pequeno, nos fomos co noso amigo maior, por suposto.

Aínda que nos asustaba un camiño moi largo e as nosas pernas pequenas, coma íamos cos maiores fíxose corto o camiño.

E aló como nos coidaron!

 

Estamos tan contentos de participar nesta actividade que fomos quen de convencer a todo o colexio!

 

E ademais, seguimos sendo amigos fora do centro.

Así que aquí seguiremos o vindeiro curso con máis actividades xuntos.

 

VÉMONOS EN SETEMBRO

 


máis fotos

 

anterior  seguinte

A libraría

E chegou o día....

Despois de moitos ensaios e como remate do curso, decidimos facer unha obra de teatro.

   

Titulámola: A libraría

 

E amosámola primeiro aos nosos compañeiros e compañeiras de terceiro, quinto e sexto, e despois ás nosas familias.

 

 

Gustounos moito participar nela todos xuntos.

 

E foi tan divertida que os pequenos no nos cansamos de mirar como actúan os nosos amigos maiores!

 

Estas son algunhas das escenas.

 

Estamos desexando repetir o vindeiro curso!

 


fotos e vídeos

 

 

anterior     seguinte

contos robóticos

Contos robóticos

Os amigos maiores estiveron traballando neste curso con robots, e aprenderon a traballar moitas cousas con eles.

 

Por iso decidiron amosarnos o seu traballo contándonos uns contos con eles, así que, moi ledos, marchamos á súa clase e alí contaron catro contos cortiños pero moi entretidos.

Canto saben os nosos amigos maiores!

E canto nos entreteñen!

 

As nosa caras mirando e escoitando o que nos ensinan o din todo.

 

Cando medremos queremos ser coma eles!

máis fotos

 

anterior   seguinte

 

 

A árbore das palabras

A árbore das palabras

O pasado 21 de marzo celebrouse o día mundial da poesía e para conmemoralo decidimos facer unha árbore chea de poesía.

Os máis pequenos fixemos o que máis nos gusta.... pintar coas mans e así preparamos as dúas árbores.

 

 

Os amigos maiores fixemos unha poesía na que nomeamos ao amigo pequeno, e os pequenos, un pareado con moita axuda da nosa profe, todas dentro de follas de moitas cores.

 

 

 

E logo os pequenos fomos á aula dos maiores para deixar a nosa folla e recoller a dos maiores.

 

 

 

Gústanos moito estar xuntos e intercambiar os nosos traballos.

 

 

E  así foi como quedaron as nosas árbores, unha na aula de 3 anos e a outra na aula de 5º.

 

máis fotos

anterior   seguinte

Visita ao CEIP San Marcos

Visita ao CEIP San Marcos (Abegondo)

O pasado xoves 25 de xaneiro, fixemos unha visita ao cole  de Abegondo. Tiñan un planetario portátil e convidáronnos a visitalo.

 

Aceptamos encantados porque xuntarnos sempre é unha festa e se saímos fora do centro, moito mellor.

 

Ao chegar fixéronnos unha boa benvida porque chovía moito!!!!

 

E logo os pequenos fomos ao planetario, onde vimos un conto sobre unha nena que andaba ao revés e moitas estrelas e os maiores cos nenos de 5º .

 Despois foi ao revés, os maiores ao planetario e os pequenos cos nenos de 3 anos.

Cando foi a hora do recreo convidáronnos á merenda, había froita, galletas, chocolatinas... Que rico todo!

 

E para rematar, os nenos maiores de Abegondo fixeron unha obra de teatro e os nosos amigos maiores, cantaron unha canción.

 

Foi unha xornada moi divertida e só nos queda dar as grazas ao cole San Marcos pola súa acollida e dicirlles que agora xa temos outros amigos maiores e pequenos!

 

DENDE A CORUÑA, GRAZAS AMIGOS!!!

 

 

máis fotos

anterior seguinte 

 

 

Burbullas máxicas

Burbullas máxicas

Xa estamos de novo na escola e con moitas ganas de facer novas cousas.

 

Por iso, os amigos maiores, viñeron á nosa aula a ensinarnos un experimento que fixeron.

 

Trouxeron un bote con líquido de cores (auga e aceite), cando se botaba unha pastilla efervescente, facíanse burbullas de cores!!!

 

 Que divertido!!!!

Máis fotos

anterior   seguinte

 

 

 

 

Fin trimestre

Fin trimestre

 

Como fin de trimestre fixemos uns agasallos para os nosos amigos.

Encontrámonos na entrada do cole dos maiores, diante da fermosa árbore de Nadal.

 

E logo os maiores acompañaron a aula aos máis pequenos.

 

Para rematar, os pequenos convidamos aos nosos amigos maiores, o último día de escola, a nosa festa.

 

 

 

máis fotos

anterior  seguinte

NOVO COMEZO

Novo comezo

“Este proxecto é unha continuación pero tamén un comezo, xa que serán novos nenos e nenas e tamén novos niveis porque nun principio estaba pensado para 5º e 6º de E.Infantil e 5º e 6º de E. Primaria pero tendo en conta os bos e gratificantes resultados obtidos, imos traballar con nenos e nenas de 4º e 5º de E. Infantil e 5º e 6º de E. Primaria porque a duración será de dous cursos académicos.

Pretendemos educar ao alumnado en valores solidarios de colaboración e de tolerancia coas demais persoas.”

Con esta declaración de intencións comezamos un novo proxecto de “O meu amigo maior”

Temos a ilusión pero tamén un pouco de medo polo que supón traballar con nenos e nenas tan pequenos aínda que superaremos ese grande reto.

 

O principio xa o temos, os nosos nenos e nenas xa se coñecen e  a partir deste momento só nos queda traballar con eles.

 

 

seguinte

O NOSO CAMIÑO ATA O XARDÍN DA XOANIÑA JUANITA

O proxecto “El jardín de Juanita”, proposto dende o Movemento Filosofía Lúdica e o Proxecto Noria (curriculum de filosofía para nenos e nenas), consiste en traer ao mundo real un xardín inspirado no do conto “La mariquita Juanita” (Angélica Sátiro, ed. Octaedro, 2004) que é o hábitat onde nace o personaxe principal (Juanita) e onde viven os seus amigos.

Dende o mes de outubro, semanalmente e de xeito continuado, realizamos micro sesións de “Xogar a Pensar” nas que dialogamos sobre os personaxes do conto, a súa maneira de ser e actuar, o entorno natural no que se atopan, as súas implicacións na nosa vida diaria … e sempre rematamos cunha reflexión que leva a unha actuación sobre o xardín.

O feito de que a nosa parcela estea lonxe do aulario, levounos a debuxar o mapa do camiño que recorriamos todos os venres para que poidades coñecer este espazo natural que no vindeiro curso manteremos e melloraremos.

Está a ser un pracer, para os nenos e nenas e para as persoas e colectivos (escolas, obradoiros e colectivos sociais) dos 7 países que estamos a participar, desenvolver a nosa conciencia ecolóxica dende diferentes enfoques.  Porque en  España, Portugal, Italia, México, Colombia, Uruguay, Arxentina e Brasil temos moitas e variadas apreciacións de como poder ser un xardín.

Ademais  da divulgación de todo o proceso durante o curso en facebook, teremos a oportunidade de dar visibilidade á nosa labor coa elaboración dun póster para un stand na XVIII INTERNACIONAL CONFERENCE OF ICPIC que se vai a realizar na Universidade Autónoma de Madrid do 28 de xuño ao 1 de xullo. Tamén estará no ENCUENTRO NORIA e no 9º CICI (Congreso Internacional de Creatividade e Innovación Social) en México durante o mes de Xullo.

MAR Santiago Arca, 28 maio 2017

Distribuir contido