Skip to Content

8 de Marzo

Hai mulleres importantes que se amosan polas rúas, na televisión, nos xornais...

Son escritoras, investigadoras, científicas... Pero tamén hai outras que son importantes para nós porque están ahí todos os días, sempre que as necesitamos, son as nosas mamis, as nosas avoas, as nosas madriñas... e a nosa homenaxe vai para elas.

Antroido

Hoxe rematamos a semana dos Mandadiños e non poidemos resistirnos a festexar, á nosa maneira, este Antroido tan especial, pero a ledicia non pode faltar.

Mandadiño 5

E así rematamos o disfraz.

Pero se o queres completar

pensa en cando Emilia por aquí paseaba

e a roupa que nesa época se usaba.

Mandadiño 4

Mandadiño 3

Mandadiño 2

Mandadiño 1

Nós somos moi de festa e non podiamos deixar pasar o entroido sen festexalo, necesitamos un pouco de luz e de ledicia. Así que propoñémosvos o xogo dos " Mandadiños", temos unha Emilia en cada cole que irá dicindo o que temos que traer, é acumulativo, é dicir, o que traio o luns, volvoo a traer o martes, o mércores traerei ademais o do luns e martes..... así ata chegar o venres completo. Sabemos que hai nenos e nenas na casa, pero animámosvos a que nos acompañedes igual e compartades vosas fotos con nós. Cada día aparecerá na web do cole o mandadiño do día seguinte. Animámosvos a participar e....

 

COMEZAMOS CO MANDADIÑO 1

?????

Recordade

Separados pero xuntos

Quen nos ía dicir que chegaríamos ao último día deste trimestre sen poder celebrar todos e todas xuntos este remate!

Que non poderíamos abrazarnos e desexarnos Boas Festas, que non íamos estar con aqueles que máis queremos.

A maxia do Nadal e a ilusión destes días non na perdemos, podemos manter a distancia pero estamos xuntos e celebramos o que teñamos que celebrar, a nosa forza é a que nos fai seguir cara adiante e é a que nos fará volver a estar todos xuntos e xuntas.

E cómo íamos a permitir non poder celebrar a chegada do Nadal como se merece? Por iso, todos e todas á mesma hora cantamos "Xa me tardan estes Magos" de Mamá Cabra, conectados por videoconferencia a que estamos máis que afeitos, igual a que a conectividade non esté da nosa parte e así uns viron mellor que outros pero foi moi fermoso, sabíamos que estábamos ahí, unidos e escoitar a máis de 600 nenos e nenas cantando foi moi emocianante.

A profe Jessica recolleo no seguinte vídeo a nosa actuación, e xa sabedes: Separados pero Xuntos

 

 

E se nos botades en falta durante este tempo, podedes escoitar o segundo programa de Onda Ti:

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut