O venres 14 de xuño tivo lugar no CMUS profesional o concerto fin de curso do Coro das Emocións do noso cole. Despois dun gran traballo ao longo do curso preparando un variado repertorio con gran ilusión, chegaba o día da presentación. Tivemos a sorte de contar un ano máis cos músicos do IES Monte das Moas (Dijo 4) e tamén coa colaboración especial de J. Antonio García Mato (director do coro “Concerto tempo” e filiais) e a nosa querida cantante Rosa Cedrón. O coro estivo magnífico, chegando a emocionar ao numeroso público asistente.
Se queredes escoitar o concerto íntegro, aquí o tedes.