Skip to Content

O XARDÍN DE JUANITA É DE TODOS E TODAS

“Crear es emancipar la mirada,
cuestionar la oposición entre la pasividad del mirar
y la dinámica del actuar.”  
Angélica Sátiro. FILOSOFÍA MÍNIMA. Octaedro, 2016

 

Esta parcela do horto escolar está a ser deseñada polos/as nenos/as de 3 anos dende o comezo do curso, e son eles e elas quenes deciden onde plantar e por qué. Quizais dende a nosa visión de adultos, con moita máis experiencia de vida, pode parecernos algo moi sinxelo, pero a realidade en Educación Infantil é moi distinta.

Estes 12 nenos e 11 nenas (dende cando algúns aínda tiñan 2 anos) están a facer pequenas reflexións filosóficas sobre civismo, respecto, bo humor, bo gusto, paciencia, autoestima, amor … documentando o valor do seu pensamento nas plantacións  e nun diario colectivo no que contan o proceso de creación do xardín.

Por iso pedimos colaboración a toda a comunidade educativa para a conservación e valoración deste recuncho educativo, xa que estamos a atoparnos co feito de que as plantas están a ser arrancadas. Dende a clase de 3 anos “B” desexamos que a participación neste proxecto non sexa unicamente un proceso de aprendizaxe para nós, senón a lembranza de que todos/as somos responsables do noso planeta.

MAR Santiago Arca, Xaneiro 2017

 



page | by Dr. Radut