Skip to Content

2º episodio da 4ª temporada de "Onda Ti"

Finaliza o segundo trimestre e chega o segundo episodio da 4ª temporada de Onda Ti, xa chegamos ao programa número vinte! Nestes meses no estudio de Emilia na Onda fomos gravando e realizando diversas gravacións que nalgúns casos xa foron sendo publicadas na canle, pero noutros poderedes escoitalas por primeira vez neste programa. Atentos/as porque vos agardan seccións coas que esperamos que desfrutedes.

Episodio 2 de Aurora Candal

Visita ao MUNCYT do alumnado de 5º de primaria

Como remate da actividade do Obradoiro de radio o alumnado de 5º EP foi ata o MUNCYT e realizou varias entrevistas: Juan Casas (AGA), Concha Losada (APOI), Paco (Asociación Galega de Xogo Tradicional), Paulo Padrón Entroido de Verín), María (Xefa da Sección Técnica do MUNCYT)

muncyt de Aurora Candal

6º de Infantil no Museo de Belas Artes

Este curso, o alumnado de Infantil, o obradoiro de Galeguízate faino no Museo de Belas Artes, o pasado mércores 29 tocoulle ao alumnado de 6º EI. Ensináronlles como era a vestimenta da muller galega, un dos cadros máis famosos:" El Gaiterio" de Antonio Jaspe Moscoso onde aparece a indumentaria de gala de As Mariñas de A Coruña, tamén instrumentos; pandeireta, tambor, peitoque.... e ata se atreveron a tocar e cantar unha canción!

Museo de Belas artes a coruña de Aurora Candal

Visita á planta potabilizadora da Telva

Dentro do Plan Coruña Educa, dos programas do medio ambiente, o alumnado de 5º e 6º de EP visitan a planta potabilizadora da Telva e o río Mero para potenciar o uso consciente da auga.

planta potabilizadora da telva de Aurora Candal

1 DE ABRIL DÍA DAS ARTES GALEGAS 2023

O día das Artes Galegas 2023 está dedicado este ano a Martín Codax. Podedes saber máis na seguinte actividade.

Carta ás familias de segundo de primaria da Biblioteca Municipal Os Rosales.

Facemos chegar ás familias a seguinte mensaxe remitida ao centro desde a Biblioteca Municipal Os Rosales:

Centro de referencia DIGICRAFT

A Fundación Vodafone en colaboración coa Universidade de Salamanca distingue a tres centros educativos de España: Colexio Al-yussana (Córdoba), Ceip La Gaviota (Alcalá de Henares) e CEIP Emilia Pardo Bazán (A Coruña) coa mención como "Centros de Referencia Digicraft" Foi outorgado o pasado venres 10 de marzo pola secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial de Madrid, Dona Carme Artigas, recoñecendo a estes centros o seu labor na transformación dixital no ámbito educativo.

Noraboa ao alumnado que cursa sexto de primaria participante no proxecto desde o curso pasado e ás súas docentes polo esforzo realizado. Podedes ver todos os traballos realizados no seguinte enderezo: DIGICRAFT

NOTA DE PRENSA

Bolsas comedor escolar curso 2023-24

 

O pasado 7 de marzo de 2023 publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024.

Prazo de presentación: do 13 de marzo ao 12 de abril, ambos incluídos.

 Toda a información da convocatoria pódese consultar:

  • na web municipal de servizos sociais

https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/detalle-contido/bolsas-comedor-para-o-curso-escolar-2023-24/suceso/1453831862550?argIdioma=gl  

  • na sede electrónica municipal

https://sede.coruna.gal/sede/gl/tramites-e-servizos-electronicos/guia-de-procedementos-e-servizos/detalle-de-procedementos/bolsas-comedor/contenido/1453739229256?argIdioma=gl

  • no teléfono 010 de información cidadán

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido.

AVISO:NINGÚN SOLICITANTE TEN QUE PRESENTAR NEN CERTIFICADO DE

MATRÍCULA NEN SOLICITUDE DE MATRICULA.

ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2023-24

NOVA: Comunícase que unha vez rematado o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2023-2024 todos os solicitantes obtiveron praza AGÁS en 4º curso de primaria onde é necesario facer a baremación. A información relativa a este proceso atoparase exposta no taboleiro de anuncios do centro a partir de hoxe.

As listaxes provisionais estarán expostas no taboleiro de anuncios do centro A PARTIR DO DÍA 25 DE ABRIL.

Empeza o proceso de admisión de alumnado para o vindeiro ano académico 2023-2024. Pódese consultar toda a información no seguinte documento:

Acceso web:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

 

 

Día de Rosalía. 23 de febreiro.

Chega o 23 de febreiro e con el o Día de Rosalía, non deixedes de escoitar a preciosa voz de Amancio Prada poñendo música á súa obra.

Lembrade que a visita virtual á Casa Museo de Rosalía estrea un avatar de Maruxa Villanueva no seguinte enderezo: https://my.treedis.com/tour/casa-de-rosaliaprincipal-ea8a2c37

Distribuir contido


by Dr. Radut