Skip to Content

FESTIVAIS DE NADAL

Xa temos os primeiros froitos dos festivais de Nadal.

Unha mostra coa obra de teatro. https://vimeo.com/310652139/f40b1844bf

GALERÍA DE FOTOS

 

 

 

NADAL 2018 EPB

 
 
 
 

CONTACONTOS EN INGLÉS

O mércores 12 o alumnado de E. Infantil (5anos), 2º, 4º e 6º de primaria tivo unha actividade moi especial. Como en anos anteriores asistimos a un contacontos en inglés. Sempre disfrutamos e aprendemos moito coa representación do grupo teatral "Face2Face" que viñeron de Madrid ao noso colexio. Este curso representaron dúas obras diferentes:

*LOST IN SPACE. As aventuras de Lara e o seu amigo Benny no espazo sideral.

*ROBINSON CRUSOE. Unha adaptación moderna e divertida desta obra.

Grazas á ANPA do colexio por darnos a oportunidade de aprendrer inglés dunha forma lúdica e amena.

 podedes ver unha mostra nos seguintes blogues:

 http://rosenglish.blogspot.com/

http://blueschoolinenglish.blogspot.com.es/

 

Concerto Góspel

O luns día dez, organizado polo profesorado de música do colexio, o alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria asistiu a un pequeno concerto de góspel, onde disfrutaron dunha mostra de cancións e explicáronlles onde naceu esta música.

Ahí vai unha pequna mostra.

3 de decembro, día internacional de persoas con discapacidade

O 3 de decembro é o Día internacional de Persoas con Discapacidade.

COGAMI (confederación galega de persoas con discapacidade) e os Bolechas visitaron o noso colexio para continuar sensibilizándonos neste tema e presentarnos á Unidade Didáctica: "Os Bolechas e a discapacidade".

Os nenos e as nenas de 1º e  2º de primaria participaron en obradoiros dende circuitos con obstáculos en cadeiras de rodas ata actividades cos ollos tapados para descubrir os obxectos polo tacto e polo olfacto e tamén facendo chapas e debuxos dos Bolechas.

Foi moi divertido!

 

 

  

VER VÍDEO DA TVG

XUNTA DE GALICIA

CADENA SER

EL CORREO GALLEGO

COGAMI

VER FOTOS

GUÍA DE USUARIO DA NOVA BIBLIOTECA EPB

Distribuir contido


by Dr. Radut