Skip to Content

blogue dem.auroracandal

Día do voluntariado

Día do voluntariado

O día 5 de decembro celébrase o día do voluntariado e, como O meu amigo maior está dentro do programa do voluntariado miúdo, a Consellería de Xuventude celebrou unha festa no Gaias para todos os nenos e nenas que participamos nestes programas.

Foi moi emocionante porque era a primeira vez que os máis pequenos facían unha saída e ademais, tan lonxe!

 

Recibíronos os Bolechas antes de entrar no recinto.

 

Unha vez dentro, e despois de que chegaran todos os convidados, presentaron a guía do voluntariado dos Bolechas e foron subindo representantes dos distintos proxectos para que así os coñecéramos todos.

 

Os nosos representantes foron Uxía e Mateo que explicaron moi ben en que consistía O meu amigo maior.

Regaláronnos unha guía para cada un e unha tarxeta de voluntarios especiais.

Logo houbo varios talleres e convidáronos a un bocata.

 

Foi un día moi canso!

 

máis fotos

anterior  seguinte

25 novembro

25 de Novembro

 

A nosa profe hoxe contounos o conto Até as princesas soltan peidos, foi moi divertido saber que as princesas son coma nós, que fan o que lles da a gana e que non lles importa o que poidan dicir delas.

 

 

Logo fixémonos nun espello para ver o ben que nos víamos.

 

Máis tarde subimos á aula de 5º para compartir cos nosos amigos maiores ese conto tan divertido.

 

máis fotos

anterior  seguinte

Pequenos encontros, grandes causas

Pequenos encontros

 

Grandes causas

O noso centro participou nunha carreira solidaria: A volta ao cole, para colaborar no estudio da leucemia infantil, todos os nenos e nenas de 3 anos fomos acompañados por compañeiros e compañeiras de 5º de E.Primaria.

 

Nós fixeimos a volta cos nosos amigos especiais, foi moi divertido e sentímonos como uns campións!

 

 

“O meu amigo maior”

 

Hoxe, ao rematar o control de Lengua, estábamos todos moi contentos porque íamos facer unha carreira cos nosos amigos de tres anos. A carreira era solidaria para dar a coñecer a leucemia infantil, porque temos un neno maliño no colexio.

Cando saimos  buscalos estabamos moi felices, ao chegar á súa clase saudámolos e fomos cara á fora a camiñar. Eu ía con Daniela que me dixo:

  • Isto non é unha carreira porque vai moi amodo!

E cando eu lle dicía:

  • Vamos rápido, que imos gañar, porque había un gran espazo cos de diante, ela dicíame:
  • -Non, porque aquí non gaña ninguén.

Eu botábame a rir . Que nena máis lista!

Cando chegamos de volta ao colexio, eles non querían marchar para á clase, pero aínda así, Daniela deume unha aperta e un bico moi forte, e eu dinlle dous bicos de “sabor de caramelo de fresa”

 

 

Sabela Marcos Balboa 5ºA

 

Cando foi o Samaín, veu unha visita escalofriante a aula cos pequenos A Santa Compaña”,  dounos tanto medo que algúns metémonos debaixo da mesa!!!

 

Gústanos tanto estar xuntos que os maiores esperamos ver aos pequenos antes de entrar na clase despois do recreo!

 

máis fotos

anterior  seguinte

Amigos

AMIGOS

Despois de varias visitas informais, decidimos que xa era hora de ter un amigo ou amiga máis especial.

Así que un día, reunímonos no patio cuberto do edificio de Primaria e fixemos parellas, algunhas son tríos porque somos máis os maiores que os pequenos, e foron estes os que fixeron a elección.

 

O resultado quedou plasmado nuns murais tanto Infantil como en Primaria.

 

Estes son os amigos especiais

 

 

 

 

máis fotos

anterior  seguinte

 

 

 

NOVO COMEZO

Novo comezo

“Este proxecto é unha continuación pero tamén un comezo, xa que serán novos nenos e nenas e tamén novos niveis porque nun principio estaba pensado para 5º e 6º de E.Infantil e 5º e 6º de E. Primaria pero tendo en conta os bos e gratificantes resultados obtidos, imos traballar con nenos e nenas de 4º e 5º de E. Infantil e 5º e 6º de E. Primaria porque a duración será de dous cursos académicos.

Pretendemos educar ao alumnado en valores solidarios de colaboración e de tolerancia coas demais persoas.”

Con esta declaración de intencións comezamos un novo proxecto de “O meu amigo maior”

Temos a ilusión pero tamén un pouco de medo polo que supón traballar con nenos e nenas tan pequenos aínda que superaremos ese grande reto.

 

O principio xa o temos, os nosos nenos e nenas xa se coñecen e  a partir deste momento só nos queda traballar con eles.

 

 

seguinte

O MEU AMIGO MAIOR

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AULA DOS MAIORES

O día 25 de novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase Conchy falounos do tema.

Dende pequenos temos que saber que tanto os homes como as mulleres deberíamos ter as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos e que ningunha debe estar por enriba.

Eu creo que esas cousas debemos aprendelas na casa e na escola.É dicir, por exemplo, na miña casa,  somos 4: o meu pai, a miña nai, a miña irmá e máis eu e dende pequenos trátannos igual e facemos as mesmas cousas e iso o fan os nosos país tamén: unhas veces pasa o ferro un, outras veces pasan a aspiradora,… as tarefas da casa son compartidas.

Pasa o mesmo cos xoguetes, deportes... tanto nenos coma nenas poden xogar ao mesmo e utilizar os mesmos xoguetes.

O malo e cando nos facemos maiores e eu non entendo o motivo: por que a túa noiva non vai poder levar minifalda ou saír cos seus amigos ou amigas? Por que non pode (ou está mal visto) conducir un camión ou xogar ao fútbol entre os chicos? Por que se lle insulta, pega e incluso chegan a matar ás parellas?

Nesta sociedade falta moito por cambiar, pero espero que pouco a pouco e entre todos, o consigamos.

Eu levo un lazo branco: acepto o meu compromiso persoal de non cometer, permitir nin silenciar a violencia contra as mulleres,

AULA DOS PEQUENOS

O venres 25 de novembro, coincidindo coa celebración do día internacional contra a violencia de xénero, a nosa clase foi á da Aurora, cos nenos e nenas de Infantil. Alí, a súa profesora  contoulles un conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” e logo eles  contáronolo a nós respondendo as preguntas que lles facía a súa profe.

Trata dunha nena, Carlota, que está preguntándose por que ten que vestir de rosa e actuar coma unha princesa rosa si ela o que quere é facer cousas que normalmente fan os príncipes. Carlota vai falar cos seus pais, fada madriña, conselleiros...

E pregúntalles por que ela non pode facer cousas de príncipes.

Todos se dan conta de que Carlota ten razón e deciden que é unha tontería que as princesas non poidan cazar dragones e demais soños que tiña Carlota. E así, como a princesa, calquera nena pode vestir, xogar... como calquer neno: somos todos iguais e tanto uns coma outros estamos preparados para poder facer as mesmas cousas.

Creo que os pequenos entendérono á perfección!

 

Ángel Fariña Figueroa 6º A

 

Cando estivemos xuntos unimos o desexo de cada un co do seu amigo pequeno do que soñamos ser de mozos, nunha especie de atrapa soños.

 

Anterior Seguinte

O MEU AMIGO MAIOR

  • OS INICIOS

A historia do proxecto "O meu amigo maior" ven de fai moito tempo.

Eran nenos e nenas de primaria de distintos niveles e trataba de que interactuasen maiores e pequenos.

Un proxecto que gustou moito ás profesoras que nese intre o levaban a cabo.

Fai dous anos, unha destas mestras atopouse cunha amiga, con moitas ganas de facer algo novo xuntas e pouco medo as cousas novas por moi dificiles que parecesen. E o de traballar con nenos e nenas de Educación Infantil e o últimos Ciclo de Educación Primaria, a verdade é que o parecía.

Vimos que unha das cousas que máis medo da aos pequenos e o paso do seu cole de infantil ao cole dos maiores, como a éstes marchar para o tan temido Instituto.
E nós xa tiñamos o proxecto feito! Axudarse entre todos a perder ese medo e mentres coñecerse, traballar xuntos, vivir unha serie de experiencias que están resultando maravillosas a nivel de integración, de madurez, de solidariedade, de darse uns a outros sen pensar en recibir nada polo que é cando máis reciben sen decatarse.

 

  •  CURSO 2015- 2016
O primeiro foi unha toma de contacto a través dun conto que Conchy, a mestra de 5º E. P., veu a contar a Infantil, xunto cos seus alumnos e alumnas.
Logo elixiron, ao azar, o que ía ser o seu compañeiro ou compañeira nesta viaxe tan especial. Pintaron a silueta das súas mans e uníronas todas para despois facer as parellas. Cando xa estaban emparellados, presentáronse e foron coñecéndose un pouquiño máis.
Fixemos algunha visita dunha clase á outra, así os maiores recordaron cando eles estaban nesa etapa e xogaron cos pequenos e, os  pequenos coñeceron o mundo do seu amigo maior e os ORDENADORES cos que traballan todos os días.
Fixeron moitas máis cousas xuntos, pero o que, de seguro ningún vai esquecer, é a creación do grupo de teatro Bubeliñas para acompañar ao grupo Bubelas e a peza de teatro que fixeron todos xuntos no remate do curso.
E para fin de curso,os pequenos invitaron aos maiores a súa festa.

Seguinte

OS CAVERNÍCOLAS

Un luns do mes de abril, Erika contounos que no seu parque había unha cova:

  • Quen vive na cova? Un osiño
  • Nós poderíamos vivir nela? Noooon!!!!
  • Por qué? Non hai luz, non hai camas, non hai tele...

 

Aos poucos días chegou unha caixa sorpresa á nosa aula, nela había moitas cousas e unha carta dunha nena cavernícola, Gurka.

 Entón, quixemos saber máis desa nena e decidimos buscar información pedindo axuda aos papis e mamis.

  • Na biblioteca

  • Preguntando aos moi maiores de 5º de E. Primaria

 Aprendemos moitas cousas:

  • Como e onde vivía
   
  •  os seus utensilios, que comían, como se vestían...

 

 

  • os debuxos que facían

autores: Adrián e a súa mamá

 

Tamén fixemos "deberes"

   petroglifos de Punta Herminia

 Despois de saber moito da vida de gurka, quixemos facer coma ela

  • xogamos sen xoguetes
  •  fixemos a nosa pintura
  •  e tamén o noso barro

 Pintamos un bisonte... con chocolate!!! Que rico!

Quixemos ser meniños menciñeiros e fumos a recoller herbas aromáticas.

Logo pensamos en facer de comer coma os cavernícolas, cazar non nos gustaba e pescar tampouco, máis se había que comer sen cociñar como 

fan as nosas mamis e papis. Así que decidimos comer froita e fixemos unha rica macedonia.

Isto que coñecemos foi grazas a uns homes moi estudiosos que se chaman paleontólogos e que descubriron todo o que sabemos. 

Nós,por suposto, tamén fomos paleontólogos ...

Para rematar e ter sempre un recordo da nosa amiga Gurka, pintamos unhas preciosas camisetas cavernícolas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVOS COMPAÑEIROS

Na nosa aula temos uns novos compañeiros.

 

Estamos dexesando que saian as bolboretas!

Distribuir contido


by Dr. Radut