Skip to Content

UNHA NOVA PROMOCIÓN NO XARDÍN DE JUANITA

   A primeira promoción de Educación Infantil vinculada ao proxecto “El jardín de Juanita”, xa está en E. Primaria.

   O pasado 10 de xuño contábanlle á creadora do proxecto, Angélica Sátiro, como foran quen de crear accións medio ambientais neste espazo do colexio: “La primera vez que lo vimos estaba todo lleno de tierra; no había flores, parecía un poco de desierto con cosas tiradas. Lo teníamos que plantar nosotros, y … cuanto más crecían las flores, más crecíamos nosotros. No al mismo tiempo, pero un poquito todos”.

   Falaban tamén do seu desexo de seguir colaborando no proxecto polo que tentaremos de que, dalgún xeito, as súas suxestións podan ser unha realidade durante o tempo do recreo.

   Na páxina do xardín (https://www.facebook.com/eljardindejuanita/) narraremos o desenvolvemento dos pensamentos da nova promoción. Pero para entender que non se trata de facer xardinería senón de darlle ás infancias a oportunidade de crear as súas propias accións, nada mellor que un resumo do que fixeron na promoción anterior e que foi explicado na inauguración da exposición “El jardín de Juanita” e na presentación do libro “Ciudadanía creativa” na Fundación Luís Seoane a finais do curso pasado.

   El jardín de Juanita na Fundación  Luis Seoane:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-10-06-2019-4135942?t=1&fbclid=IwAR16HPmzcX_o9tNEqVVb6UIleNeW_p1kWlBOGJ6W9B_ZuVdQ8OYJQ25ox18

 

MAR Santiago Arca, setembro 2019

 

Listaxes de alumnado por cursos 2019 -2020

A continuación aparecen as listaxes cos grupos de alumnado que figuran matriculados neste centro para o curso escolar 2019-2020. Estas listaxes teñen carácter provisional e poden ser obxecto de modificacións, por altas e baixas.

4º EDUCACION INFANTIL
5º EDUCACION INFANTIL
6º EDUCACION INFANTIL
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
4º EDUCACIÓN PRIMARIA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
6º EDUCACIÓN PRIMARIA

 

RESOLUCIÓN DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO 4º DE PRIMARIA

Publicación da listaxe definitiva de fondo solidario de libros de texto de cuarto de Educación Pimaria. Ver resolución.

AVISO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL

Segundo acordou o profesorado a partir do vindeiro curso o mandilón do alumnado de infantil poderase escoller libremente coa condición de que teña botóns por diante e puños elásticos.

FESTA FIN DE CURSO 2018-2019

Xa temos na galería a selección de imaxes da festa de celebración do fin de curso e da despedida do alumnado de 6º de primaria.

Desde o centro queremos desexar a todo o alumnado e ao profesorado que non vai estar connosco no vindeiro curso o mellor para as vindeiras etapas das súas vidas e tamén agradecer a ANPA a súa colaboración indispensable na organización desta festa. Bo verán e gozade das vacacións.

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

   Os Equipos Docentes deste centro aprobaron as listaxes de Libros de Texto para o vindeiro curso escolar 2019-2020. Se desexan consultala poden facelo no seguinte enlace: 

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

 

  AVISO: O libro de Valores Sociais e Éticos  unicamente deben mercalo os/as alumnos/as que NON escolleron Relixión.

MATERIAL ESCOLAR

      4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos) 5º EDUCACIÓN INFANTIL (4 anos) ACTUALIZADA CON 4ºC 6º EDUCACIÓN INFANTIL (5 anos)
1º EDUCACIÓN PRIMARIA 2º EDUCACIÓN PRIMARIA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

REVISTA DIXITAL EPB 2019

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 6º

O alumnado de sexto disfruta duns días de actividades no albergue de ecoturismo de Alvarella no concello de Vilarmaior podedes seguir o día a día na seguinte galería

No primeiro día xa foron a visitar as Fragas do Eume e o mosteiro de Caaveiro.

Xa están as fotos do segundo día na galería. As actividades do día foron visita á granxa, obradoiro de pan, pintado de camisetas, piscina,  e  velada.

Novas imáxenes na galería do último día coa visita ao Castelo de Andrade.

O CREBANOCES

Primeiras fotos da espectácular adaptación de teatro, música e danza da obra de tchaikovsky "O Crebanoces". Recibiron unha enchenta de felicitacións todas as persoas participantes. Noraboa polo traballo. Na galería tedes unha mostra.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Distribuir contido


by Dr. Radut