try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

Bo verán xentiña!

E a pesares de ser un curso extraño, non podemos pechar o cole sen despedirnos da nosa xentiña.

Desfrutade das vacacións e do verán.

 

Atención! Nenos e nenas de 6º de Educación Infantil...

Cremos nunha infancia capaz, protagonista, curiosa, disposta e atrevida. Por iso dende a escola o noso papel é acompañarvos no voso paso pola primeira etapa no centro “Educación infantil”, xa que vos queda un gran camiño a recorrer dentro do CEIP Rebordáns.

Nestes tres anos esperamos que aparte de coñecementos, contidos, etc.... ensináramos a  observar, investigar, rir, compartir, xogar, abrazar, falar, escoitar...e levedes á seguinte etapa da vosa vida  estes verbos e os utilicedes o máximo posible.

Non é unha despedida é un ata logo, vémonos na clase de 1º de Primaria, pero neste vídeo podedes recordar como empezou toda esta aventura....

  

 
Noraboa!

Día do Medio ambiente

Bo día familias, dende 1974 cada 5 de xuño celébrase o día do medio ambiente ca finalidade de aumentar a conciencia medioambiental e fomentar a acción global na protección do medio ambiente. Este ano, dentro do proxecto de Voz Natura, estivemos traballando moito acerca da protección e o coidado do noso planeta. Para a súa conmemoración, contamos ca colaboración da nosa xentiña, a cal nos conta algunha desas accións que levan a cabo diariamente para favorecer ao noso planeta. Moitas grazas a todos e a todas, e recordade: "moitos pouco, fan un moito"

Viaxamos!

Chegannos os primeiros murais con destinos moi interesante! Botádelle unha ollada e xa sabedes...a viaxar, polo momento, dende casa!

1º destino... Romanía!

Lucía elexiu Romanía porque llo recomendou unha amiga. Cóntanos que a comida típica é o "sarmalute"  (carne de vacuno con arroz envolto en repolo), a "sopa de tripas", a "ensalada de fiambres", o "telemea"(similar ao queixo feta) e o "cozonac" (unha masa doce con noces). Ademáis achéganos a lenda do "Lago Bâlea" e lugares de interese como o "Castelo de Peles". Sen dúbida un destino moi interesante.

De Romanía a... Madrid!

 Hugo e Carmen elixiron Madrid, a capital de España, como destino. Sobre Madrid cóntannos que o prato típico, por excelencia é o "cocido madrileño", aínda que teñen outro pratos coma os "callos á madrileña", os ovos estrelados ou o "bocadillo de calamares" (espectacular). Entre os lugares de interese da capital destacan: "O museo do Prado", "o parque do Retiro", a "Praza Maior" ou o "Palacio Real de Madrid". E os lugares que non se queren perder son: o estadio do Real Madrid "Santiago Bernabeu", o "Zoo de Madrid" e o "Parque Warner". A diversión en familia téñena asegurada!

E seguimos na capital coa información recopilada por Paula, de sexto de educación primaria.

Da capital de España marchamos cara Francia, en concreto a París, da man de Sheila e Simón:

 

De París a Italia! Neste caso con Daniella de guía.

E dende Italia, ca profe Luisa pomos rumbo a Xapón!

De Xapón a... Corea da man de Cloe!

Cloe déixanos ca súa irmá Alani, que nos leva ata Honolulu!

De Honolulu ata China! A Pedro e a Iago encántalles a peli de Mulán e por iso elexiron este destino, ademáis gústalles comer arroz e practicar cos palillos, e como non... os dragóns! A Muralla China tamén lles gusta, e aínda que xa estiveron nela non a recordan, pois todavía estaban na barriga da súa mamá. 

Cambiamos de guías, é o turno de Antía e Lucas que nos levan ata Australia!! Recabaron moitísima información moi interesante. Un país, sen dúbida, espectacular.

 

De Australia á preciosa Suiza con Nerea.

 

De Suiza marchamos rumbo a Islandia, abrigádevos que de seguro nos fará falta. De guía, Irene.

De Islandia saltamos o charco ata Perú con Iria.

Seguimos no outro lado do charco, facemos parada en Orlando, con Antón.

De Orlando ata Miami, aquí tedes a súper investigación que fixo Jairo.

E de Miami ata Hawai!

Voltamos ao noso país. Comezamos con Basilio, que nos leva ata a cidade condal: Barcelona!

Dende Barcelona Irene acompáñanos ata Tenerife.

De Tenerife a Fuerteventura con Ana e Alba.

Das illas voltamos á península e facémolo parando no gran Parque da Natureza, Cabárceno! Xián explícanolo con todo detalle:

E de Cabárceno voltamos a Galicia, cunha parada con Carla na Coruña.

Gran traballo xentiña! 

 

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2020/2021

A listaxe de alumnado admitido para o curso 2020/2021 está a disposición das familias na cortiza situada no recibidor do colexio.

QUENDAS PARA A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

Tendo en conta a presente situación, para minimizar o risco de contaxio polo COVID-19, estableceremos quendas para a recollida e entrega das solicitudes.

IMPORTANTE: Se algunha familia non pode vir na súa quenda, que se poña en contacto co centro para asignarlle outro día.

NIVEIS QUENDAS

1º E 2º

Ed. Primaria

Do 21 AO 29  de maio.

3º E 4º

Ed. Primaria

Do 1 ao 8 de xuño.

5º e 6º

Ed. Primaria

Do 9 ao 16 de xuño.

NOTA: Do 17 ao 19 de xuño atenderemos ás familias que non puideron vir na súa quenda.

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2020/2021.

Segundo a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

CURSOS AOS QUE VAI DIRIXIDA ESTA CONVOCATORIA:

 - Fondo solidario de libros de texto: 3º e 4º de Ed. Primaria (5º e 6º xa teñen libros dixitais).

- Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de Ed. Primaria.

- Axudas para adquirir material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.

As familias solicitantes deben ter unha renda per cápita cos seguintes límites:

1º e 2º E.P.

3º e 4º E.P.

5º e 6º E.P.

ata 6.000€

de 6.000€

a 10.000€

ata 6.000€

de 6.000€

a 10.000€

ata 6.000€

de 6.000€

a 10.000€

210€ en libros e 50€ en material

140€ en libros

6 libros e 50€ en material

4 libros

50€ en material

 

 Para calcular a RENDA PER CÁPITA: Sumar os recadros 435 e 460 da Declaración da Renda 2018 (presentada no 2019)  e dividilos entre o número de persoas computables da unidade familiar.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDE:

Do 20 de maio ao 19 de xuño. (Ver quendas establecidas polo centro).

 SOLICITUDES:

 - Telemáticamente:Lembrámoslles que poden realizar a solicitude (ANEXO I e ANEXO II) telemáticamente accedendo á aplicación FONDOLIBROS na páxina https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

- En papel: Poden vir buscar o impreso ao colexio. 

 PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Dita solicitude (ANEXO I E ANEXO II) poden presentalas:

- Telemáticamente: na Sede da Xunta de Galicia

- Presencialmente: no colexio (solicitude en papel recollida no colexio ou imprimíndoa na casa dende fondolibros).

 DOCUMENTACIÓN A ENTREGAR:    

- Anexo I

- Anexo II

- Copia do Libro de Familia onde aparezan todos os membros computables da unidade familiar.

- En caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convenio regulador.

- En caso de ser necesario, documentación a maiores.

 
 

Rebor-reto 6!

Outro máis superado! agora...a polo seguinte!

Nesta ocasión a proposta é elaborar un mural, deste modo axudaremos a Tepo e Tepa coas normas e consellos que deben ter en conta á hora de saír á rúa.

Animádevos a participar!

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2019-2020

Distribuir contido