try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

conmemoracións

Día Mundial da RECICLAXE

A celebración do Día das Letras Galegas adquire o seu lado máis ambiental ao coincidir precisamente coa conmemoración do Día Internacional da Reciclaxe.

Separar para reciclar, separar para dar unha nova vida, un xesto sinxelo pero de incuestionable valor e utilidade para todos. Porque contribuír á reciclaxe significa contribuír a edificar un mundo mellor, unha tarefa na que as verbas adquiren todo o seu esplendor cando van acompañadas por obras e feitos.

Día Mundial da Educación Ambiental

O 26 de xaneiro se celebra o Día Mundial da Educación Ambiental, que ten como obxectivo identificar a problemática ambiental tanto a nivel global como  local, e concienciar da necesidade de conservar e protexer o medio natural.

Na práctica, a educación ambiental é un proceso participativo, que busca espertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental .

Non hai que esquecer que a educación ambiental máis aló de estar só na esfera gobernamental, parte desde as pequenas accións que podemos realizar a diario nos noso fogares, e do que podamos ensinar aos máis pequenos tendo en conta que só temos un planeta, e que si non o coidamos quizá non haxa un futuro para as próximas xeracións.

 

Día mundial da AUGA

O día 22 de marzo se celebra o Día mundial da Auga, este ano esta celebración ten como lema"Augas residuais e reutilización".

  

Día Internacional da Muller

O día 8 de marzo se celebra o Día Internacional da Muller Traballadora.

 

 

Recursos para traballar a coeducación

 

Distribuir contido