Estimadas familias:
Informamos que segundo o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro e a Orde
do 21 de outubro de 2022 iníciase o procedemento de reserva de alumnado en
centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/25.
Prazo aberto dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:
1. Cubrir a solicitude manualmente e presentala cuberta asinada no centro.
2. Cubrir a solicitude a través da aplicación admisión alumnado.
(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)
Horario secretaría: De luns, mércores, xoves e venres de 13:30
a 14.15 e martes de 12:40 a 13:30 horas.