try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNOS NEAE

Aberto o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE).

O prazo de presentación é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024. O enlace para toda a información é:

https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

Calquera dúbida, podedes contactar co servizo de orientación do centro.

MICROCOMPOSTEIRO

No Ceip de Rebordáns, seguimos concienzándonos co coidado do medio ambiente.

A Tepo e Tepa encántalles o tema da compostaxe, así que chamaron a Marcelo, de Ponte a Zero. 

Xuntos aprendemos a construír un microcomposteiro: unha maneira moi fácil de converter os restos orgánicos en abono natural.

Por un bosque de bos hábitos!

 

 
 
 
 
 
 
 
 

REBORRADIO INFORMA!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Esta semana, o alumnado de 1º de primaria foi o encargado de dar as últimas novidades do centro, 

Falan de moitas cousas: actividades do Día do Libro, de poemas, de talleres, do supermercado... Canto traballaron!

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí ou premendo na imaxe.

PROTEXEMOS OS NOSOS MONTES

Para fomentar o coidado e protección dos nosos montes, o alumnado do cole traballa diferentes temáticas relacionadas co noso proxecto, podedes ver portas e paredes dos corredores con mensaxes e carteis para concienciar o respecto á natureza.

¿LE DAS UN MÓVIL A TU HIJO/A?

Ola familias!

Dentro do Programa de Formación do profesorado (PFPP) este ano estamos a traballar, entre outras cousas, coa protección dos datos persoais.

Nesta formación descubrimos este vídeo da Axencia Española de Protección de datos, que nos pareceu moi interesante de cara ao uso do móbil en idades temperás.

Adxuntamos a guía en pdf como documento adxunto.

Pinchade na imaxe para ver o vídeo

ECOPATRULLA EN ACCIÓN!!

Para aqueles que non o saiban, no cole temos ECOPATRULLA, un equipo de estudantes moi comprometidos co medioambiente, que se fan cargo de asesorar ao alumnado e recoller nos recreos aqueles materiais que van ao lixo, así como levar os restos orgánicos ao noso composteiro.

Nesta ocasión, foron máis aló e adicaron parte do seu tempo a recoller o lixo que había na contorna do noso cole.

GRAZAS ECOPATRULLA!!!

OS ANANOS DE INFANTIL TAMÉN PLANTAN!!!

E como non, os máis pequeniños do cole dando exemplo aos maiores, eles tamén están comprometidos co coidado do noso planeta e así o  mostran, cultivando a súa propia horta.

Que bonitiña lles quedou!!!

Futuras programador@s, enxeñeir@s, informátic@s...

Ola familias!

Un dos obxectivos do traballo STEAM é abrir horizontes nas mentes dos nenos e nenas de cara a futuro. Conseguir "meterlles o gusaniño" e que entre as súas opcións de estudos superiores aparezan profesións relacionadas coas ciencias, as matemáticas, as artes, a enxeñería, a robótica ou a informática.

Non sei si o conseguiríamos nesta ocasión co alumnado de sexto. O que si que é seguro é que ao longo destas 5 semanas, montaron robots e os programaron, venceron dificultades, resolveron problemas, mediron e co seu esforzo, conseguiron metas alcanzables.

E dito sexa de paso. tamén disfrutaron!

Adiante vídeo

E SEGUIMOS PLANTANDO!!!!

Nesta ocasión son os nenos e nenas de 1º de Primaria os que preparan a súa horta, están feitos uns expertos!!!!

Distribuir contido