try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

As nenas e os nenos do CEIP Rebordáns queremos medrar en igualdade

As nenas e os nenos do CEIP Rebordáns queremos medrar en igualdade.

 

 

 

 

 

           Mensaxes que as mulleres deixaron no mural.

 

8 de marzo, dia da muller traballadora

 

Begoña Vila, (Vigo, 1963) é doutora en astrofísica especializada no estudo das galaxias espirais. Na actualidade reside en Estados Unidos. Premiada pola NASA por contribuir de xeito relevante á misión da axencia espacial ao liderar un equipo composto por máis de mil persoas que traballan na posta en marcha do telescopio  James Wedd.

En 2017 recibiu da Xunta de Galicia, o premio Mª Josefa Wonenburger que resalta á traxectoria das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía. No dia da muller traballadora queremos salientar a figura desta " científica muller",  como exemplo que contribue a situar nun primeiro plano a perspectiva de xénero na actividade científica.

Video Rosalía

Día de Rosalía no Ceip de Rebordáns

 

24 de febreiro, DIA DE ROSALIA

Para celebrar o día de Rosalía (24 de febreiro), o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Centro (ENDL), ao longo desta semana desenvolverá actividades para mostrar e demostrar que é posible falar, estudar e  escribir en galego.

Podedes saber máis da súa vida e da súa obra si clicas no enlace http://rosalia.gal/a-casa-museo/

 

Preparando o Entroido

Sorry, flash is not available.

Un pouquiño do CEIP Rebordáns en País Bassari

No mes de abril, desenvolvemos unha campaña de apoio á ONG, Africa Sawabona (africasawabona.org) que actúa en  País Bassari (Senegal) a nivel sanitario.   A partires da entrega do material que recollimos no centro  ( medicamentos, material sanitario, cepillo de dentes e pasta de dentes), a ONG fainos partícipes do traballo que realizan para mellorar as condicións de vida e de sáude da poboación e polo Nadal, como mostra de agradecemento enviáronnos esta imaxe na que inclúen o nome do noso centro.

Calendario 2018 " Rebordáns no camiño "

O calendario 2018 ” Rebordáns no camiño”, é un dos traballos que desenvolvemos este curso sobre o coñecemento do camiño portugúes a Santiago de Compostela ao seu paso polas nosas parroquias de Rebordáns e Ribadelouro.

Simulacro de evacuación

Sorry, flash is not available.

3 de decembro, dia Internacional das Persoas con Discapacidade

As persoas con discapacidade, a «minoría máis ampla do mundo», adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos.

 

Por este motivo, as organizacións que representan a estes cidadáns aproveitan o Día Internacional da Discapacidade para reivindicar os seus dereitos e solicitar medidas que abunden na mellora da calidade de vida deste colectivo.

 

Video de Rubén Roldán, un exemplo de superación.

Cancion de Macaco. " Marea de gente". Para todos , somos iguais pero diferentes. 3 de Decembro Dia da diversidade funcional.

Distribuir contido