try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

READING IN ENGLISH

A Tepoteca ten libros en inglés para que todo o alumnado poida gozar con historias nesa lingua estranxeira.

Os alumnos e alumnas de 6º de primaria reflexionaron sobre We're different, we're the same. Despois da lectura e coloquio, plasmaron as súas ideas en debuxos.

 

 
 

MOCHILAS VIAXEIRAS DE VOLTA Á TEPOTECA

Despois da andaina polas familias de Rebordáns, as mochilas viaxeiras xa están de volta na Tepoteca.

Parabéns pola vosa participación e esperamos que as gozarades moito.

Tepo e Tepa xa están buscando novos títulos para o vindeiro curso.

 
 

EXPLORADORAS E EXPLORADORES EN REBORDÁNS

Os diarios de campo son unha ferramenta educativa formidable.

Os pequenos e pequenas de infantil e primeiro de primaria aprenderon sobre a natureza e melloraron as súas habilidades de observación, todo iso porque se converteron nuns fantásticos Exploradores. 

Explorar o monte Aloia, primeiro parque natural protexido de Galicia, foi unha experiencia estupenda para aprender sobre a nosa contorna. 
 
Parabéns, a estas Familias de Explorador@s!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

O NOSO LIBRO FAVORITO EN GALEGO

Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria queren compartir con nós as súas lecturas en galego favoritas.

Clicade na imaxe para ver o vídeo!

Parabéns, rapazada!

 
 
 

PINTIÑAS, NOVA COMPAÑEIRA DE TEPO E TEPA.

O alumnado de primeiro de primaria tivo a sorte de coñecer a Pintiñas, unha boa amiga de Tepo e Tepa.

Xuntos e xuntas compartiron aventuras e pasaron moi bos momentos. Todos eles foron plasmados nun magnífico Diario. Se queredes botarlle un ollo... xa sabedes, pasade pola Tepoteca.

Grazas, familias, pola vosa participación nesta actividade.

 
 
 
 

HORA DE LER: OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

As horas de ler son o mellor xeito de gozar de contos e de realizar moitas actividades superdivertidas arredor deles.

As alumnas e os alumnos de educación infantil queren mostrarnos os seus contos favoritos e que actividades estiveron realizando.

Mirade, mirade...

Parabéns!

 
 
 
 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

ÚLTIMA SEMANA!!!!!

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes. Horario de atención en secretaría do centro: Luns, mércores, xoves e venres de 13:30 a 14:15 e os martes de 12:40 a 13:30.

 
 

BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA: LETRAS GALEGAS 2024

Enmarcada nas actividades programadas para conmemorar o Día das Letras Galegas deste curso, as alumnas e alumnos de sexto de primaria ilustraron a biografía da autora homenaxeada, Luísa Villalta.

Premede a imaxe para ver o vídeo.

 
 

TEPOMISIÓN: A FLORA DO MONTE ALOIA

Ola, familias!

Enmarcado no proxecto de centro, Tepomisión: protexamos os nosos montes, mostrámosvos a boa labor de investigación realizada polo alumnado de quinto de primaria sobre a flora do monte Aloia.

Parabéns rapazas e rapaces!

 
 

OS ANIMAIS DO MONTE ALOIA EN ARTE

O alumnado plasmou a súa creatividade nas sesións de Plástica creando os animais que no noso monte habitan.

Menudos artistas!!!!

Distribuir contido