try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

SESIÓN DE CONTACONTOS CON ÁNGELES ESCRIBANO

O pasado mércores, 7 de febreiro, tivemos a visita de Ángeles Escribano. 

Que bos momentos pasamos na Tepoteca escoitando as historias que compartiu connosco.

Superheroes, enigmas, poderes, ciencia... HISTORIAS!

Graciñas, Ángeles!

2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELARIA

Xa que temos colocadas as casiñas para os paxariños, o alumnado de 5º de Primaria animouse a crear uns HAIKUS, poesías de orixe xaponés, que nesta ocasión, teñen temática relacionada coas aves.

 

30 DE XANEIRO - DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

O pasado 30 de xaneiro foi o Día Escolar da Non Violencia e a Paz e, no CEIP de Rebordáns, conmemorámolo con diferentes actividades nas aulas.

Os pequechos e pequechas de intantil fixeron unha construcción corporal para crear as letras de "PAZ".

No primeiro ciclo crearon unhas pulseiras chulísimas, mancharon as mans de pintura para unir un corazón xigante de cores e decoraron as fiestras con nubes cheas de palabras de paz.

No segundo ciclo coñeceron e estudaron a labor de persoas importantes ao longo da historia, que loitaron por un mundo mellor, como Wangari Maathai, primeiro Nobel da Paz a unha muller africana.

No terceiro ciclo, entre outras cousas, reflexionaron sobre o significado da palabra paz, das maneiras de acadala e buscaron información sobre os Premios Nobel da Paz dos últimos 15 anos.

Ademais, as áreas de Inglés e Educación Física tamén estiveron presentes nesta conmemoración, traballando sobre o coñecido discurso "I have a dream..." e sobre o Mural da Tregua dos Xogos Olímpicos.

E que mellor canción que "Por qué no ser amigos", de Hombres G, para pór o fío musical a este día de reinvindicación.

  

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL

 

O 26 de xaneiro é o DÍA DA EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL, Tepo e Tepa mostráronnos algúns interesantes libros sobre os paxariños e puidemos saber o importante que son as ábores para eles.

Para colaborar a que veñan ao noso patio, colocamos unhas casiñas para eles, a ver se se animan a aniñar nelas!!!!

 

FAMILIAS, XA ESTÁN AQUÍ AS MOCHILAS VIAXEIRAS!

Ola, familias!

As nosas mochilas viaxeiras comezan a súa andaina. Pouco a pouco irán de fogar en fogar. Esperamos que gocedes en familia co seu contido.

Boas lecturas!

 

CONTINUAMOS NAS ONDAS!

Unha semana máis, chega o programa máis agardado...

REBORRADIO!

Desta vez, o alumnado de 5º de primaria foi o encargado de dirixir o programa, comentando novas do centro e facendo algunha recomendación interesante.

Naihara, Ela, Lucas, Basi, Alba, Iria e Noa foron os encargados de presentar e amenizar este segundo programa.

Non volo perdades!

Podedes escoitar a emisión dende aquí.

 

ENTROIDO 2024

MANDATOS DE TEPO E TEPA

  

  

RESERVA DE PRAZA PARA CENTROS ADSCRITOS

 

Estimadas familias:

Informamos que segundo o Decreto 13/2022, do 3 de febreiroa Orde

do 21 de outubro de 2022 iníciase o procedemento de reserva de alumnado en

centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/25.

Prazo aberto dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2024.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opcións descritas a continuación:

1. Cubrir a solicitude manualmente e presentala cuberta  asinada no centro.

2. Cubrir a solicitude a través da aplicación admisión alumnado.

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

Horario secretaría: De luns, mércores, xoves e venres de 13:30

a 14.15 e martes de 12:40 a 13:30 horas.

 

 

Distribuir contido