try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

NOVAS

 

Últimas novas:  

  • O Venres 29 de marzo, alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria, participará nunha xornada medioambiental con axentes forestais do Baixo Miño da Xunta de Galicia.
  • Servizo de comedor escolar.

  • Entregados os boletíns correspondentes á 2ª avaliación.

Semana de formación ás familias

As ANPAS do Concello de Tui, organizan a SEMANA DE FORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

A participación é gratuita. As familias que desexen asistir deberán inscribirse.

21 de marzo, Día Internacional dos Bosques

Cada 21 de marzo, as Nacións Unidas rinden homenaxe á importancia de todos os tipos de bosques.

Este ano, o Día Internacional dos Bosques destaca a educación como un medio indispensable para aprender a amar o bosque, e apunta a súa importancia para lograr unha xestión sostible das zonas forestais e avanzar na conservación da biodiversidade. Os bosques sans axudan a crear comunidades fortes e aumentan a prosperidade das súas economías.

FRIDAYS FOR FUTURE

Fridays for Future é un movemento que comezou o 20 de agosto de 2018 cando Greta Thunberg, rapaza sueca que por aquela tiña 15 anos, sentouse frente ao parlamento sueco e decidiu non asistir á escola os venres ata as eleccións xerais de Suecia de 2018, realizadas o 9 de setembro, trala onda de calor e os incendios forestais sufridos en Suecia. Despois desta data, Greta decidiu continuar atacando todos os venre ata que as políticas suecas proporcionaran un camiño seguro por debaixo de 2 grados centígrados.

Ampliar información na páxinahttp://educandoenmedioambiente.blogspot.com/2019/02/fridays-for-future-de-que-sirve-ir-la.html

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8 de MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrar o DÍA DA MULLER TRABALLADORA, confeccionamos un cartel coas fotografías das aboas e das nais do alumnado do centro e coa mensaxe " NÓS QUEREMOS QUE OS NOSOS FILLOS E AS NOSAS FILLAS MEDREN EN IGUALDADE".

Día de Rosalía de Castro

  

Murais de Rosalía de Castro, realizados por todo o alumnado e inspirados no pintor coruñés Peteiro.

 

Celebramos o DÍA DA PAZ

Distribuir contido