Blog de Voz Natura

OS MUÍÑOS DO TRIPES

E continuando co noso proxecto de centro, 

Tepomisión: protexamos os nosos montes,

os nenos e nenas de 3º de primaria investigaron unha das construccións máis emblemáticas do monte Aloia:

os muíños do río Tripes.

Mirade que ben o fixeron!

 
 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Concienciar do coidado do planeta é un dos nosos principais obxectivos e así nolo mostran os alumnos e alumnas de 1º de Primaria.

Noraboa polos vosos xardíns de lavanda, quedaron moi bonitos e o seu recendo será xenial!!!!

 

A MAXIA DO TEATRO

E neste curso tocoulles ao alumnado de 5º de Primaria vivenciar a maxia do teatro, unha actividade que leva tempo preparar, pero onde se traballan moitísimos aspectos importantes para a nosa rapazada.

Co teatro, fomentamos a creatividade e a imaxinación, xa que temos que crear un atrezzo e un escenario. Desenvolvemos habilidades sociais e emocionais, xa que todos somos importantes, todos témonos que axudar e adaptar aos nosos compañeiros de escena cando representamos o papel. Melloramos a concentración e atención, ademais de estimular a expresión e a comunicación e, o mellor de todo, realizáse nun ambiente de diversión, onde rimos moito, moitísimo!

A obra representada foi unha adaptación do conto "ALCALDESA VERMELLA" do HEMATOCRÍTICO, mostrando así a nosa humilde homenaxe a un gran escritor, que a pesar de deixarnos, sempre estará presente entre nós a través das lecturas.

Preme na foto, ou AQUÍ, se queres ver a obra e vivir a emoción do teatro con eles e elas

Pasámolo xenial e as familias puideron gozar desta obra tan fantástica.

 

EXPLORADORAS E EXPLORADORES EN REBORDÁNS

Os diarios de campo son unha ferramenta educativa formidable.

Os pequenos e pequenas de infantil e primeiro de primaria aprenderon sobre a natureza e melloraron as súas habilidades de observación, todo iso porque se converteron nuns fantásticos Exploradores. 

Explorar o monte Aloia, primeiro parque natural protexido de Galicia, foi unha experiencia estupenda para aprender sobre a nosa contorna. 
 
Parabéns, a estas Familias de Explorador@s!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

HORA DE LER: OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

As horas de ler son o mellor xeito de gozar de contos e de realizar moitas actividades superdivertidas arredor deles.

As alumnas e os alumnos de educación infantil queren mostrarnos os seus contos favoritos e que actividades estiveron realizando.

Mirade, mirade...

Parabéns!

 
 
 
 

OS ANIMAIS DO MONTE ALOIA EN ARTE

O alumnado plasmou a súa creatividade nas sesións de Plástica creando os animais que no noso monte habitan.

Menudos artistas!!!!

A VOZ DO ALOIA: OS PULMÓNS DA TERRA.

Tepo e Tepa fixeron un encargo a todo o alumnado do cole de Rebordáns.

Sabedores da importancia do coidado do medio ambiente, tiñan que realizar uns vídeos con pequenos consellos relacionados co noso proxecto de centro...

Tepomisión: protexamos os nosos montes.

Os bosques son os pulmóns da Terra pois producen o oxíseno que se atopa no aire e que nós precisamos para poder respirar.

Os bosques sanos limpan o aire e regulan o clima do noso planeta.

A Voz do Aloia lémbranos:

Ás árbores coidan de nós, coida ti tamén delas.

Este é o consello dos alumnos e alumnas de sexto de primaria. Aquí tedes o seu vídeo!

 

BIBLIOTECA CREATIVA

Paola Guimeráns viu de visita á Tepoteca para estar un ratiño con nós.

Realizou obradoiros sobre as posibilidades que dan os e-textiles, fomentando así o desenvolvemento da competencia computacional e as competencias STEAM.

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria traballou o patrimonio e a fauna do Monte Aloia na creacións de posters interactivos programando con Scratch. Logo aproveitaron os mandos creados para xogar ao Mario Bros.

Os maiores aprenderon sobre as prendas intelixentes. Con fíos que conducen electricidade pódense facer moitos tipos de circuítos para incorporar a nosa roupa e que nos axuden, chamando á Emerxencias, por exemplo.

Trala explicación, fixeron un pequeno circuíto para iluminar o nome dun animal típico do monte Aloia. Que dominio da agulla tiñan!

Para finalizar, coas placas micro-bit realizaron programacións co Make Code.

Que ben o pasamos! Desexando seguir aprendendo con estes recursos que fusionan a tecnoloxía coa educación artística!

Grazas, Paola, por acompañarnos nesta viaxe!

 
 
 

MICROCOMPOSTEIRO

No Ceip de Rebordáns, seguimos concienzándonos co coidado do medio ambiente.

A Tepo e Tepa encántalles o tema da compostaxe, así que chamaron a Marcelo, de Ponte a Zero. 

Xuntos aprendemos a construír un microcomposteiro: unha maneira moi fácil de converter os restos orgánicos en abono natural.

Por un bosque de bos hábitos!

 

 

PROTEXEMOS OS NOSOS MONTES

Para fomentar o coidado e protección dos nosos montes, o alumnado do cole traballa diferentes temáticas relacionadas co noso proxecto, podedes ver portas e paredes dos corredores con mensaxes e carteis para concienciar o respecto á natureza.

Distribuir contido


 

Iniciar sesión