try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

COMEZAMOS!!!!!!

Comezamos a andaina presentando o cartel que VOZ NATURA propón para este curso. Pronto coñeceredes o nome do noso proxecto anual.

 

 

RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADO

INICIO CURSO 23-24

Despois dunha semana de organizar, planificar e preparar o inicio de curso, dámonos conta de que... xa está aí o día do reencontro!
O vindeiro luns, ás 9:15 volveremos encher de vida e ilusión o colexio!!
Ganiñas de ver canto medráchedes no verán!
Tepo e Tepa.

                                     

n/d

LISTAS DE MATERIAL PARA 1º, 3º, 4º E 5º DE PRIMARIA

ALOIADA 2023

Ola, familias!

Aquí tedes unha mostra do paso do alumnado de sexto de primaria pola Aloiada. 

Clicade na imaxe.

VOTAMOS!

Temos o pracer de presentarvos o proxecto de 4º de Educación Primaria!

Que mellor para aprender que é a democracia e o sistema electoral que artellar unhas eleccións na nosa propia escola. Fixemos os nosos propios partidos con cadansúas propostas electorais, das que saíron moitas ideas para mellorar o noso centro que de seguro se terán en conta o vindeiro curso.

Contamos coa participación dos nosos compañeiros e compañeiras de primaria que acodiron a votar a proposta que máis lles gustaba.

E que importantes nos sentimos formando parte da mesa electoral!

E logo facendo o reconto. Que emoción por saber quen tiña máis votos!

Aínda que daba un pouco igual porque en todos os partidos había propostas moi interesantes.

Foi unha gran experiencia que desfrutamos moito.

 

FAMILIAS: OS NOSOS CONTOS BUSCAN VOZ - PARTE II

Ola, familias!

Xa podedes gozar da segunda entrega do vídeo recopilatorio da vosa participación na actividade de Lectura e Familias, "Os nosos contos buscan voz".

Parabéns a todas as familias participantes!

Adiante, vídeo!

LENDO XUNT@S NO VERÁN

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-24

Detectado ERRO no ISBN de L. CASTELÁ 1º EP

ISBN CORRECTO: 978-84-307-4053-6

Distribuir contido