Blog de Voz Natura

CHEGOU O OUTONO

CHEGOU O OUTONO!!!!! e con él un montón de actividades e aprendizaxes que facemos no noso cole en todos os cursos.

Que bonita é esta estación!!

 

18 de outubro: DÍA MUNDIAL DA PROTECCIÓN DA NATUREZA

No noso cole quixemos festexar esta data tan importante para nós, nesta ocasión foi o alumnado de 2º de primaria quenes, coas súas mensaxes de concienciación, quixeron aportar o seu gran de area para conseguir a nosa misión para este curso:

PROTEXER OS NOSOS MONTES

Clicade no adxunto para poder ver as mensaxes.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS.

Hoxe, martes 24 de outubro, celebramos o Día das Bibliotecas. 

Tepo e Tepa tiñan preparado para o todo alumnado unha sorpresiña!

Iniciabamos o novo proxecto!

A continuación tedes unha mostra en imaxes de todo o que fixemos.

Comeza a nosa misión!

LIMPANDO A NOSA HORTA

O alumnado de 3º curso xa se puxo mans á obra e comezou a preparar a terra para a futura plantación. Imos probar con colleita de outono - inverno, a ver se temos boa colleita!!!!

 

 

COMEZAMOS!!!!!!

Comezamos a andaina presentando o cartel que VOZ NATURA propón para este curso. Pronto coñeceredes o nome do noso proxecto anual.

 

 

CARREFURDÁNS, O NOSO SÚPER

Xa temos en funcionamento o noso súper, quedou xenial e temos produtos frescos e de cercanía!!!!

Unha maneira de traballar múltiples contidos e de xeito creativo e lúdico.

 

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe, 5 de xuño de 2023, conmemórase o Dia Mundial do Medio Ambiente e nós quixemos facer algo para facer un pouco máis felia ao nos o planeta.

O alumnado de 1º curso fixo unha recollida de lixo nos arredores do cole, deixaron todo limpísimo!!!!

Os superheroes e superheroínas de hoxe e do futuro!!

Ao rematar, decidimos onde podiamos colgar as casiñas de paxaros que arranxamos e pintamos con cores naturais, a ver se para o próximo curso vemos aumentar a familia de paxariños.

 

SAÚDE E BOA ALIMENTACIÓN

Menudos expertos e expertas en vida saudable temos en 6º curso, fixeron un traballo arduo de investigación para informar a toda a comunidade educativa de cómo levar unha vida o máis saudable posible, botádelle un ollo aos traballiños que son moi interesantes.

Clicade nas imaxes para poder ver a información.

Noraboa aos alumnos e alumnas de 6º de primaria!!!

 

 

PRATOS SAUDABLES

No cole, xa todas e todos temos o prato saudable que nos agasallou GADIS por participar no seu programa de Hábitos saudables de alimentación "ALIMENTES".

Agora toca poñer en práctica todos os nosos coñecementos para ter unha VIDA MÁIS SAUDABLE!!

Como serán...

 

 

Sorpresa!!!

 

MINICHEFS SAUDABLES

Segunda xornada de cociña creativa e saudable, nesta ocasión os chefs foron o alumnado de 6º de infantil, que nos amenizou cuns pratos tan saudables coma creativos, vaia marabilla para os nosos padais!!!

Distribuir contido


 

Iniciar sesión