try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Educación para o futuro, presente no rural de hoxe.

EduSaúde

PRATOS SAUDABLES

No cole, xa todas e todos temos o prato saudable que nos agasallou GADIS por participar no seu programa de Hábitos saudables de alimentación "ALIMENTES".

Agora toca poñer en práctica todos os nosos coñecementos para ter unha VIDA MÁIS SAUDABLE!!

Como serán...

 

 

Sorpresa!!!

 

MINICHEFS SAUDABLES

Segunda xornada de cociña creativa e saudable, nesta ocasión os chefs foron o alumnado de 6º de infantil, que nos amenizou cuns pratos tan saudables coma creativos, vaia marabilla para os nosos padais!!!

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN CREATIVA E SAUDABLE

No cole tivemos unha xornada de Alimentación saudable, onde nesta ocasión, o alumnado de 2º curso, puxeron o mandil e convertéronse en expertos cociñeiras e cociñeiros.

O seu menú consisitu en facer un roliño de vexetais con queixo de untar; o postre: marabillosas creacións con froitas e pinchos das mesmas, isto acompañado dun san e refrescante zume de laranxa recén exprimido.

Os chefs manipularon, probaron e experimentaron cos sabores destes alimentos tan saudables.

Aquí os resultados!!!!!

E CONTINÚA A COLLEITA

E tal como di o título CONTINÚA A COLLEITA, nesta ocasión os ananos de 6º de infantil recolleron as leitugas da súa horta, tenras, tenras e fresquísimas!!!

Distribuir contido