try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP de Rebordáns
Centro Abalar

medio ambiente

Monte Vivo

O venres , 3 de marzo, dous axentes do Seprona ofreceron unha charla ao alumnado de 5º e 6º de EP sobre o coidado dos montes e protección dos ecosistemas galegos.

Este Servizo de Protección da Natureza,considera que «concienciación» é a palabra clave para definir o seu traballo co alumnado, xa que este debe coñecer todo o que implican os incendios, verteduras e demais atentados ecolóxicos.
 
 
                                                                            Asistentes á charla.
 
 

Celebración Cop 22

A XXII Conferencia das Partes da Convención do Cambio Climático comeza marcada polo resultado da cumbre precedente, celebrada na capital francesa: O Acordo de París. 

Cen países ratificaron  este  convenio  internacional  que entrou en vigor  o pasado  día 4, abrindo unha nova era na loita  contra o calentamento do planeta. 

A Cumbre de Marrakech é a primeira reunión de alto nivel dos países firmantes. 

A  próxima  semana,60  xefes  de  Estado e  de Goberno  participarán  nesta  cumbre, que  finalizará o próximo 18 de novembro.

                                        

 

"O monte vivo"

O alumnado de 5º e 6º asistiu a unha charla impartida por axentes do SEPRONA.Sempre tentando integrar as actividades de educación ambiental na práctica docente, os axentes ensinaron ao alumnado medidas de protección dos nosos montes, como ecosistemas a poñer en valor e conservar. 

 

                                     O alumnado atende ás explicacións dos axentes.

Aprendizaxe entre iguais: " Coida a vida, protexe os ecosistemas".

Omaima, Manuel e Óscar de 6º , dentro do proxecto Voz Natura "Coida a vida, protexe os nosos ecosistemas", explicaron aos seus compañeiros e compañeiras  os elementos dun ecosistema. Para a presentación empregaron un "impress" elaborado por eles mesmos, como produto final  da busca e selección de información.

Momento  da presentación.

Día Meteorolóxico Mundial

O Día Meteorolóxico Mundial conmemora a entrada en vigor, o 23 de marzo de 1950, do convenio polo que se creou a Organización Meteorolóxica Mundial. Un ano despois da súa creación, sería nomeada organismo especializado das Nacións Unidas co obxectivo de asegurar a cooperación en materia meteorolóxica.

A variabilidade do clima está a provocar, cada vez máis, fenómenos extremos que acaban con miles de vidas en diversas rexións do planeta. Por exemplo, entre 1956 e 2005, o número de desastres de orixe meteorolóxica, climática e hidrolóxica  multiplicouse por dez.

Día Mundial da auga

En 1993 a ONU designou o 22 de marzo como " Día Mundial da auga".

A auga é un elemento esencial no desenvolvemento sostible. Os servizos hídricos xogan un papel clave na redución da pobreza. A auga ten un impacto positivo en miles de milleiros de persoas ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, saúde e medio ambiente .

                                                                       Vídeo oficial " Día Mundial da auga "

 

 

Distribuir contido