Hoxe é o día da árbore, un día moi importante para o noso centro xa que a nosa Tepomisión é precisamente "o coidado dos nosos montes".
Levamos semanas traballando a figura de Wangari, unha mulller referente para nós, xa que grazas a ela, o seu pobo natal, en Kenia, volve a ter árbores onde antes soamente había deforestación.
No cole fixemos a nosa pequena aportación cultivando sementes.
Dende a Tepoteca temos o pracer de presentarlles o estupendo traballo dos nenos e nenas de primeiro e segundo para conmemorar a data do 11F, Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia.
O pasado 23 de febreiro foi o Día de Rosalía de Castro, pois nesa data, Rosalía estaría de aniversario!
Para conmemorar e festexar o seu día, no cole realizamos diferentes actividades. Fixemos un mural conmemorativo, baseado na proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que decoramos con flores co rostro de Rosalía, investigamos sobre a súa vida e sobre as súas obras, escoitamos algún dos seus poemas e mesmo aprendemos algúns versos de "Adiós ríos".
Os maiores do cole escribiron poemas pensando en como escribiría Rosalía hoxe en día, en que temas da actualidade afondaría.
Por último, pero non menos importante, os cativos do cole fixemon un pequeno recital. Mirade que ben lles saíu!
O vindeiro 16 de abril, ás 16:00 h, grazas ao programa Lectura e Familias, poderemos desfrutar do espectáculo "O libro máxico" de Migallas na Tepoteca.
Combinarase narración oral, música e teatro para animar ás familias, rapazas e rapaces a gozar da lectura.
Hoxe, 11 de febreiro, celebramos o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia.
Esta data foi proclamada pola ONU no 2015 co obxectivo de romper as barreiras que atopan as mulleres e as nenas no ámbito científico e tecnolóxico.
Queremos aproveitar esta conmemoración para visibilizar o traballo de mulleres que se dedican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así modelos femininos para as nosas nenas.
Xa que temos colocadas as casiñas para os paxariños, o alumnado de 5º de Primaria animouse a crear uns HAIKUS, poesías de orixe xaponés, que nesta ocasión, teñen temática relacionada coas aves.