novas

Novembro, Mes da Ciencia en Galego

 

 O Manifesto deste ano 2018 ,para o mes da ciencia en galego, está asinado por  Luis Navarro.Profesor titular de Bioloxía da Universidade de Vigo que ten frases lapidarias coma esta : 

"Para ser libre mediante a cultura, igual ca para facer boa ciencia, hai que ler". 

Dende a biblioteca do centro, animamos a toda a comunidade educativa a consultar todo o material relacionado coa ciencia que forma parte do fondo documental.

                                                Ciencia na biblioteca

 

POÉTICAS DIVERSAS na biblioteca escolar

in

"POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR" é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para descubrir a poesía que nos rodea, apoiádonos nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar.

Poéticas diversas convida a asolagar as aulas de poesía, a tratar con poetas, a perderlle o medo á metáfora, a xogar coa palabra e coa imaxe até obter todo o seu zume, a coñecer a excelente e variada creación poética galega destinada a todas as idades, a permitir que o alumnado galego poña voz e dea vida á tradición lírica galega, á poesía de Rosalía e de todas e todos os poetas que foron e son.  

 

                                                                          

                                    Cartel da ilustradora Nuria Díaz.

   

 

Mensaxeira de Tepo

in

O curso está a piques de rematar, as aulas quedarán baleiras e durante os meses de verán Tepo, a mascota da nosa biblio, terá un merecido descanso.

Este ano a súa mensaxeira, Alexia, fixo un traballo excepcional. Todos agardabamos impacientes escoitala pola radio, e recibila na clase para que nos deixara interesantes novidades.

Alexia, mensaxeira de Tepo, botarémoste en falta !!

                                                       A nosa mensaxeira de Tepo na radio.

Só pais e nais

in

A  biblioteca conta , dende hai uns anos,  cun espazo dedicaddo ás familias.

Fundamentalmente son as nais as que fan uso deste servizo de empréstito,

tendo aceso a obras tanto en galego como castelán.

As principais novidades editoriais están presentes nestes andeis.

 

                         Espazo para as familias.

 

 

Día Internacional dos museos

in

ICOM, o Consello Internacional de Museos, escolle cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, procurando compartir as preocupacións da comunidade museística coa sociedade

En 2015 esta xornada ten  como tema: Museos para unha sociedade sustentable..

Os Museos estatais celebran  a Noite e o Día a través dunha ampla programación de actividades coas que convidan á cidadanía a redescobrer as súas coleccións. Entrada gratuíta, prolongación de horario, apertura nocturna, concertos, obradoiros, visitas guiadas, dramatizacións teatrais…

Podes realizar unha visita virtual  Museo Thyssen-Bornemisza 

 

Semana das LETRAS

in

Esta  semana a biblioteca será o centro das  actividades

que celebraremos con motivo do Día das Letras Galegas

O martes as familias representarán a obra de monicreques

" A Bela Durminte".

O mércores teremos o X Recital Poético " Poetízate".

O xoves contaremos coa presenza de alumnado do centro

" Xerome Emiliani " cunha  Audición de Percusión.

E para rematar,  o venres " Día da Música", teremos un

invitado moi especial.

 

 

Día escolar das Matemáticas.Matemáticas xogando

in

“Matemáticas xogando” é o lema do  XVI Día Escolar das Matemáticas. Cando rematamos  de celebrar o centenario do nacemento de Martin Gardner, o gran divulgador de Matemáticas Recreativas, parecía natural que se adicase este 12 de Maio a disfrutar coas matemáticas lúdicas.

 Matemáticas Lúdicas        

Non esquecemos que o lema elixido para este curso é " Biblioteca escolar... matemático!!!,que  busca espertar o interese polas matemáticas dende a Biblioteca.

 

TUI LE

in

E para continuar coa celebración  do Día Mundial do Libro, o  alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º e 2º desprazouse  ata Tui para participar, xunta con outros centros da zona, na actividade TUI LE, organizada pola Biblioteca Municipal. 

Nesta xornada festiva arredor dos libros, expuxeronse once carteis alusivos realizados polo alumnado dos centros participantes, dramatizaronse contos e poemas , houbo danza e percusión e recreouse unha poesía de Rosalía de Castro.

Pero a actividade máis participativa é o troco de contros entre os alumnos e alumnas dos coles participantes.

    

        

   

                                 Alumnado intercambiando libros. 

Debido a presenza da chuvia durante toda a xornada, as actividades se levaron a cabo no clautro do Seminario de Tui.

 

Contos de ti a ti

in

Este xoves,  23 de abril , o patio encheuse de " libros e lectores " .Para conmemorar o Día do Libro, os alumnos e alumnas maiores decidiron ler un libro aos seus compañeiros máis pequenos.

E que mellor sitio que o patio do colexio.

                               Contos  de ti a ti.

 

Día Mundial do Libro.

in

 O día 23 de abril se celebra o Día Mundial do Libro.

Coma en anos anteriores, as Bibliotecas Escolares de Galicia celebran o Día Mundial do Libro coa edición dun pequeno marcapáxinas en forma de díptico que acolle un texto inédito, neste caso da escritora María Solar, sobre a maxia dos libros, con referencias literarias evocadoras de aventuras e viaxes. Agradecemos a María Solar a súa xenerosidade e a súa recomendación para este día: "Ás veces o destino está no libro que tes ao lado. Só tes que abrilo e gozar". 

Que libro tes ti ao lado?

 

Distribuir contido