Skip to Content

REBORRADIO 

 

novas

Quino , o creador de Mafalda, premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades

O humorista gráfico arxentino Joaquín Salvador Lavado, 'Quino' ,  foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014.

O xurado valorou o enorme valor educativo da obra deste debuxante arxentino, destacando a súa habilidade para " combinar con sabiduría a simplicidade no trazo do debuxo coa profundidade de pensamento ".

O galardón coincide co 50 aniversario do nacemento de "Mafalda ", unha nena que percibe a complexidade do mundo , preocupada pola paz mundial e que odia a sopa.

 

                                        Mafalda e o seu "pai " Quino.

                                   

 

 

"Cocorico" chega á TVG2

As aventuras do simpático Cocorico , da súa nai e do malvado Gato Pelado poderán seguirse na TVG2 dentro do espazo Xabarín Club.Os  capítulos, de trece minutos de duración ,terán como referencia a popular obra da editorial pontevedresa OQO.

A partires dun conto popular birmano,  Marisa Nuñez elabora unha historia de tres personaxes dirixida aos máis pequenos, que fala de sentimentos tan universais como a amizade ou o amor.

Con este vídeo poderás aprender a canción de Cocorico.

 

23 de abril, Día do Libro

  

 Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia. 

Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro " As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) .

Falece Gabriel García Márquez

O premio Nobel de Literatura, Gabriel García Márquez , falece aos 87 anos de idade en México DF, onde vivía dende fai anos.

García Márquez , nado en Aracataca ( Colombia ) no  ano 1927, foi criado nos seus primeiros anos polos seus avós,un coronel retirado e unha  muller moi imaxinativa, que determinaron o seu característico estilo literario.

No 1955 publica a súa primeira novela " La hojarasca", no ano 1967 publica " Cien años de soledad" a súa obra máis universal.

Gabo ,como era coñecido García Márquez, é considerado o máximo representante do realismo máxico.

Outras obras do autor son: "El amor en los tiempos del cólera", " Retrato de un naúfrago" ou " "Crónica de una muerte anunciada"

 

V TUI LE

Co gallo da celebración do Día Internacional do libro Infantil , o alumnado de 2º e 5º de EP desplazouse ata Tui para compartir lecturas, recitais, música , danza e dramatización con outros centros do municipio.

O claustro gótico da catedral de Tui acolleu esta " marea lectora " da V edición de Tui Le.

                              

                                 O alumnado de 5º  actúa para o resto de participantes.

A xornada rematou cun Intercambio de libros entre todo o alumnado participante.

 

SEMANA DA PRENSA

Do dez ao catorce de marzo celebramos a "Semana da Prensa na escola", conmemoración recollida no calendario escolar de Galicia desde fai 24 anos.

Estes días moitas aulas converten a prensa nun elemento máis de aprendizaxe, promovendo a súa lectura e tentando desenvolver un espírito crítico.

Relacionado co proxecto " Ríos e Mares en boas máns" , o alumnado consultou a prensa dixital na busca de novas relacionadas con este tema.

 

  Elaboraron os seus propios titulares que quedaron expostos .

Xavier P. Docampo premiado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou outorgar ao escritor Xavier P.Docampo o galardón "Escritor na súa Terra - Letra E" neste 2014.

Mestre xubilado ,actor de teatro , autor e director de guións para cine,radio e vídeo e tamén co-autor das series Canles e Labia de libros de texto para o ensino en Lingua Galega , publicados por Xerais.

Autor dunha extensa obra narrativa , ten traducidos boa parte dos seus títulos nas linguas peninsulares.

Entre as súas obras para un público infantil e xuvenil están:Cando petan na porta pola noite,(Xerais 1994),  O armario novo de Rubén (Xerais 1989), A nena de auga e o príncipe de lume (Xerais 1990-2012), A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (Xerais 1991); Adelaida, Henrique e demais familia (1996); Nube de neve (2000), ¿Víchela, víchela? (2001), Os ollos de Ramón (2001); A decisión de Valerio (Xerais, 2005)

                                         

 

 

Día da Ilustración en Galicia

O goberno galego escolleu o 30 de xaneiro como Día da Ilustración por ser o aniversario do nacemento de Afonso  Daniel Rodríguez Catelao, " pai da ilustración galega ".

Destaca así  a importancia do deseño e a ilustración no libro e na lectura, e tenta poñer en valor o sector da ilustración en Galicia.

 Miguelanxo Prado,  gañador do Premio Nacional de Cómic 2013, foi o autor do cartel que conmemora o Día da Ilustración 2014.

 

 

                        

 

 

Platero cumple cien años.

 "Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro.Lo dejo suelto, y se va al prado, y acaricia tibiamente con su hocico, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: «¿Platero?», y viene a mí con un trotecillo alegre que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal..."

Así comienza uno de los relatos más leídos de la historia," Platero y yo" que  celebra su centenario  y que vio la luz en 1914, gracias a un enfado entre su autor, Juan Ramón Jiménez, y Zenobia Camprubí.

Platero es toda una fábula, un relato sobre la vida de Moguer ; sus calles , sus gentes, y sobre el ciclo de la vida en general. Un texto lleno de símbolos,sugerencias y metáforas: las mariposas, la luna, la muerte, la sangre, el amor o el dolor.

                                               .     

Día do usuario e usuaria das bibliotecas

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida a  celebrar por  vez  primeira  o   Día  do Usuario/a   das Bibliotecas, o 11  de  xaneiro, a  través de diversas   iniciativas nas bibliotecas nodais de toda Galicia.

O obxectivo desta celebración é incrementar a lectura, e achegar a todos os usuarios e usuarias aos fondos e servizos que ofrecen as bibliotecas.

 

 

 

Tampouco faltarán actividades de lecer  para o fomento da lectura e haberá   sorpresas para os usuarios e usuarias  en todas as bibliotecas nodais.

Distribuir contido


by Dr. Radut