O pasado mes de novembro representamos á vila de Tui no proxecto "O TEU XACOBEO". A Asociación de Amigos do Camiño Portugués organizou unha serie de actividades que o alumnado de 4º e 5º de E.P. disfrutou motísimo:
En primeiro lugar asistimos a unha charla sobre o Camiño Portugués da man de Tino, que, co seu inseparable sombreiro, mostrounos paraxes, arquitectura, lendas e un sinfín de cousas máis relacionadas co Camiño. Ata vestiu a Aitana de pelegrina!